Longboard Longueirón
Yago Baz vence na 1º Proba do Circuíto Longboard 2013 Nemiña [VIDEO]
Mércores, 15 Maio 2013 09:19

Xa temos o vídeo da proba de longueirón celebrada o pasado domingo na praia de Nemiña con moi boas condicións na auga e moito ambiente na praia. O rider coruñés Yago Baz foi o vencedor da proba por diante do italiano Ettore Burdese, Oscar Ruiz e Ruffo Navarro. Na vategoría Master o vencedor foi Iago Barreiro. Fotos: TSP - The Surfeiros Piratas.

Ler máis...
 
1ª Proba de Long na praia de Nemiña este Domingo!
Xoves, 09 Maio 2013 10:10

Por terceira vez foi convocada a 1ª Proba de Longboard do Circuíto Galego 2013 na praia de Nemiña o vindeiro domingo día 12 de Maio. As condicións de ondas e vnetos parecen adecuadas así que pode ser unha boa oportunidade pra ver reunidos aos mellores riders de 9 pés da nosa costa.

Ler máis...
 
Iron Mountain presenta o seu equipo de Longboard
Luns, 29 Abril 2013 20:05

Este ano imos empezar a tempada de longboard presentando ao team que vai representar a Iron Mountain Surfboards nos festivais e campionatos que se realicen este ano. Contamos con catro novas incorporacións como son Yago Formosel (A Coruña), Ettore Burdese (rider italiano afincado en Vigo), Nestor Martínez (Ferrolterra) e Alberto Mouriño "Mou" (rider de Lugo afincado na Coruña), cada un coas súas características, o italiano Ettore ten moita experiencia en longboard clásico, Mou un long progresivo e actual, Nestor o seu long competitivo e os seus hangfive precisos e Iago de é unha aposta de Iron Mountain da mocidade no longueirón galego.

      

 

Ler máis...
 
Nova data para o Campionato de Long en Nemiña - 20/21 de Abril
Venres, 12 Abril 2013 00:22

É unha mágoa que ter comunicar que a 1ª Proba do Circuíto open de Longboard e paddleboard na Praia de Nemiña en Muxia volve ser aprazada para finais deste mes de abril. Os partes de ondas e ventos non son nada favorabeis e polo tanto a FGS e o clube organizador GAL prefiren retrasalo na espera de boas condicións pra ofrecer un bo espectáculo.

Ler máis...
 
Aberto o prazo de inscripción para a Iª Proba do C.G. Long & Paddle en Nemiña
Martes, 02 Abril 2013 11:40

Xa esta aberto o prazo de inscripción pra 1ª Proba Open de Longboard e Paddle para a primeira fin de semana do mes de Abril na praia de Nemiña no Concello de Muxia. En caso de non ter boas ondas haberá un periodo de espera de dous meses ata finais de Maio. Prezo: 25€.


Ler máis...
 
Convocado o Malpica Longboard Classic!
Luns, 11 Marzo 2013 00:08

Malpica Longboard

Convocado o I Malpica Longboard Classic na praia de Areamaior os días 28, 29 e 30 de Xuño. Seguiremos informando...

+ info en: https://www.facebook.com/events/167299890089291/

Ler máis...
 
Primeiro vídeo do OndaLonga 2012!
Mércores, 14 Novembro 2012 23:45

Espectacular vídeo resumo do OndaLonga 2012 coa foto de familia, a entrada na auga e toda a sesión de long grazas ao traballo de Eloy Taboada e Jesús Busto que colaboraron con imaxes dende a agua e dende a costa nun fermoso vídeo nunha das xoias da nosa costa e que ten o título de ser a + longa desta parte do continente.

Ler máis...
 
Éxito do OndaLonga 2012 con máis de 50 longs!
Luns, 12 Novembro 2012 01:27

As ondas non foron as esperadas mais o OndaLonga 2012 pasará a historia do surf galego por ser a segunda edición desta gran xuntanza de longueiróns chegados de diferentes partes da costa atlántica pra montar unha das dereitas máis longas de Europa. Este ano e grazas ao fenomenal traballo dos G.A.L. máis de 50 riders participaron nesta festa-campionato na praia de Ponte do Pedrido.

A familia Long - Foto: Jesús Busto

Ler máis...
 
Horario do OndaLonga 2012
Venres, 09 Novembro 2012 14:06

Sábado:

Quedada a partir das 18:00 no Pedrido con patinada clásica de de longskate (se o tempo permíteo).

A partir das 20:00, irémonos ao restaurante da mesma praia a tomar un tentempié, pelis e o gran concerto dos Cuchimamas.

Domingo:

A partir das 8:00 recepción de participantes e ás 9:00 á auga que empeza o bo...

Ler máis...
 
Un día en Galicia [VIDEO]
Mércores, 10 Outubro 2012 21:41

Fermoso vídeo de longueirón feito por visitantes lonxanos na nosa costa durante a súa estancia en Ferrolterra. Riders: Peter Sahlberg, Jens Holmer, Vera Nording e Erik Jönhagen

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 24

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: