Daniel Alvite é o novo campión galego de longueirón 2010. O campionato galego de longueirón de Soesto celebrouse cun nivel excelente de participantes. Estiveron presentes todos os longboarders máis destacados das últimas tempadas do long galego, poidendo contar este ano coa participación dos campións e subcampións das pasadas edicións.
Dani Alvite en Neñima - Foto do seu Facebook
As semifinais determinaron os finalistas quedando fora J. Barcala, subcampíon galego 2009 por mor do tamaño das ondas que non pasaban do medio metro. A final foi cousa de Daniel Alvite, Roman Díez, Sergio Lage e Antonio Varela. Nesta final puidose ver o bo momento que vive o longboard galego. Dani Alvite fixo 18 sobre 20 na final do campionato con dúas ondas de 8.5 e 9.5.
Os resultados da final foron:
1. Daniel Alvite
2. Roman Diez
3. Antonio Varela
4. Sergio Lage
Texto da noticia: G.A.L