Longboard Longueirón Campionato Europeo de Tablón en Faro
Campionato Europeo de Tablón en Faro
Xoves, 09 Outubro 2008 18:02

Segundo informa Dani Alvite, o noso campión galego de tablón, a festa do longboard vai comezar a fin de mes na praia de Faro, no algarve portugues do 31 de outubro ao 2 de novembro.

Despois do éxito que representou a edición de 2007 do Four Oceans, o Algarve será o palco de unha competición máis do Circuito Europeo de Longboard que este ano conta con algúns novos alicientes ademáis da competición.

O forum Algarve Four Oceans 2008 conta para o Campionato Nacional de Longboard constituindo a súa 1ª etapa. A organización conta con a presenza dos mellores surfistas nacionais desta modalidade. No ano pasado, o portugues Miguel Ruivo marcou presenza na final ao lado de nomes como Timothée Creignou, Adam Griffiths e Ben Skinner que foi o campión da Europa 2007.

Desexamoslle toda a sorte nas súas ondas a Dani e que deixe o surfing galego na mellor posición posíbel.

Fonte orixinal: Longboard-ers

Máis info en: www.conquilha.com

 
1 Vote


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: