1ª Quedada Longboard + de 9´singlefin sen invento en Malpica de Bergantiños - 8 de Setembro |
Martes, 28 Agosto 2012 13:00 | |||
![]() Xa está convocada a 1ª Quedada Longboard + de 9´singlefin sen invento en Malpica de Bergantiños o día 8 de Setembro que promete ser unha boa festa do longueirón galego na Costa da Morte. O evento principal será unha sesión de surf ceibe con temática vikinga e celta pola tarde, xantar con paella de marisco e cea con churrascada e queimada no Bar Submarino e concerto de Hoochiemamas. Tamén un obradoiro de customización de camisolas. Zona de parking na praia da Canido ao final de Malpica. Se queredes ir por favor tedes que confirmar a vosa asistencia en
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
pra poder calcular a cantidade de comida e bebida. O prezo será de 10/15€ e pra durmir hai varias posibilidades a partir de 10 euros no Silfocamps con noite e almorzo (aforo 20 persoas), Hostal JB 35€ Tlf: 981 72 00 e Hostal Bar Novo desde 25€ Tlf: 981 72 00 17 Blog do evento: Evento no Facebook:
|