Éxito do Onda Longa 2014

Este pasado sábado tivo lugar na praia de Ponte Pedrido no Concello de Bergondo a quinta edición do festival Onda Longa organizado polos Galegos Asociados polo Longboard cunha grande afluencia de público e riders participantes que non se quixeron perder esta cita clásica no panorama do longboard galego. O día comezou moi gris e con choiva constante pero con bastante xente e furgonetas no parking. Pouco a pouco foron chegando os riders e ían facendo o checking na carpa principal. Foto principal: Sebastian Agis.

A primeira hora realizouse unha recollida e limpeza de praia co apoio de Coge3. Perto das doce fixemos a foto de familia na que non estaban todos xa que algún chegaron un pouco máis tarde. Este ano batiuse o record de participación superando os 140 riders. A entrada na onda e a remontada foi épica cunha duración de case 25 minutos até chegar o pico. Logo na auga todo foron risas e bo ambiente. Moitos disfraces peculiares como o de Rubén Prieto e Oti Fernández que destacaron entre a multitude.

As ondas andaban polos tres cuartos na serie e medio metro algo tendido pero que daba longas ondas pra surfear. O gran número de riders dividiuse en varios grupos para surfear os distintos picos da praia pero ao final todos rematamos nunha esquerda que nos regalou uns 20 minutos de surf e que foron o millor momento da sesión.

Unha vez todos fóra da auga puidemos saborear filloas de mel e chocolate quentiñas grazas a excelente traballo de organización e cubrir os papeis para a votación dos mellores longboards do evento. Houbo moitas caras coñecidas do surf galego na auga procedentes de toda a nosa costa pero tamén temos que destacar a forte presenza de riders de Asturies e tamén cántabros, vascos e incluso madrileños e cordobeses que non faltaron á cita do evento máis importante do longboard galego.

Puidemos falar con Walter e Juan de Zorlak, Marcos Pita de Pantín Surfcamp, Fine de Costa Surf, Rubén Prieto e Toni Varela da Costa da Morte, Oti e Pablo do Art Surfcamp, Cesar de TSP, Vicente Irisarri e Jesús Busto de Ferrolterra, por suposto con Román de Iron Mountain e Yago e Arantza, Marta Berenguer, Fernando de Hangten, Chusma Surfboards tamén estivo presente, Luismi de Foam TV, Ignacio Solis e moitos outros riders que ateigaban o parking do sanatorio.

Moitas grazas a Román Iron Mountain e Yago Baz polo seu traballo organizando o evento xa que sin eles nada desto pasaría.

Seguiremos informado dos resultados e novos vídeos e fotos...

Viva o Onda Longa!!

Tedes unha boa crónica do evento na web de Jesús Busto que recomendamos:

http://desdelacroa.blogspot.com.es/2014/11/historias-onda-longa-2014.html

{fcomments}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.