Clinic de Longboard na Lanzada - 22 e 23 de Abril

Por fin podemos presentarvos un novo evento que tiñamos moitas ganas de facer, un Clinic de Longboard da man de dous grandes Ricardo Palomeque (subcampión de Europa) e Miguel Sampalo Bishop (un dos mellores noseriders do país). Un Clinic é un curso intensivo de aprendizaxe ou perfeccionamento dun deporte e, como tal, imos espremer a fin de semana entre clases e charlas. Da mesma maneira, faremos polo menos dous grupos separados por niveis (iniciación e intermedio, coa posibilidade de engadir un grupo para avanzado/competición).

Ao longo da fin de semana impartiranse:

  • Dúas clases na auga de dúas horas de duración separados por niveis.
  • Dous baños libres guiados, onde afianzaremos os coñecementos adquiridos na clase da mañá pero de forma máis relaxada.
  • Charlas sobre as modalidades do longboard (clásico/moderno), técnicas, manobras..
  • Charla sobre táboas impartida por Román Diez, shaper de IronMountain.
  • Charla sobre quillas impartida por Luismi Diaz de FOAM fins.
  • OPCIONAL clase de ioga o sábado antes de comer.

Para que se poida adaptar a todos vós vindos desde calquera lugar preparamos tres packs:

PACK BÁSICO 105€

Sábado Clase por niveis
Comida
Baño guiado
Charlas

Domingo Clase por niveis
Baño guiado

PACK INTERMEDIO. 130?

Sábado Clase por niveis
Comida
Baño guiado
Cea + concerto en Kannion Surf Bar

Domingo Clase por niveis
Baño guiado
Comida de despedida

PACK COMPLETO

Para os que vides de máis lonxe que necesitedes aloxamento consultarnos mediante mensaxe privada e informarémosvos das opcións dispoñibles e o seu prezo. Mesmo se vides en furgo e queredes coller pensión completa en canto a comidas prepararémosvos o pack que mellor se adapte á vosa viaxe.

OPCIONAL IOGA

Clase de Ioga o sábado antes de comer para chegar como novos á sesión da tarde por só 8? máis.

Aclarar que os horarios son orientativos xa que ao depender do mar sempre adaptaremos as clases na auga ás mellores condicións. Pola mesma razón, o horario de comezo e lugar de quedada decidirase o xoves 20 segundo as previsións e mareas. Os que necesitedes un menú especial (vexetarianos, veganos, alérxicos ao glutén) mandarnos unha mensaxe. Data límite para realizar as inscricións o mércores 19 de abril ás 14:00

Calquera dúbida ou aclaración non dubidedes en escribirnos ou chamarnos.

Esperámosvos!

+ info e contacto en: Ultramarinos. Despacho del surfing

{fcomments}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.