Longboard Longueirón Nace a Ultramarinos Longboard League
Nace a Ultramarinos Longboard League
Xoves, 19 Abril 2018 09:36

Ultramarinos Longboard Surf

Apresentada a Ultramarinos Longboard League, unha maneira divertida de atoparnos os tabloneiros galegos, trátase dunha liga con tres probas cun formato para todos os públicos onde o de menos vai ser a competición, imos explicarvos por puntos como vai ser o formato: Mangas de 6 persoas de 20 minutos e pasan os 3 primeiros de cada manga, os 3 perdedores pasan á repesca, garantindo a entrada á auga en dúas mangas.

O criterio de puntuación non vai ser ningún, simplemente vai ser algo divertido e que todo o mundo goce dun día de  surfing. Permitiranse as saltadas, ondas compartidas, beber cervexa na auga, entrar disfrazado, etc... seremos xustos con aqueles cracks que o fagan incrible polo que puntuaremos ós mais estilosos e ós que tenten desenvolver un longboarding old school, iso si, esperamos que os xuíces estean á altura xa que nalgún caso seredes vós .

Praias:

  • A Esquerda de  Monteferro (Patos- Nigran) 28/29 de Abril, esquerda de fondo de roca onde se dan cita os longboarders aldeáns, no caso de non ter suficiente mar realizaríase na mesma praia de Patos.
  • O Canto (A Lanzada- Ogrobe ) Temos todo o mes para buscar as mellores condicións, O Canto ou Sanatorio esta situada na zona Norte da praia da Lanzada e nos últimos anos converteuse no centro tabloneiro desa zona.
  • Montalvo (Sanxenxo) finalizaremos a liga no Pipeline das  Rias  Baixas, onde finalizaremos no Rock& long, o mellor festival de surf e música das Rías Baixas.

Premios:

  • 1,2,3,4 Homes.
  • 1,2,3,4 Mulleres.
  • Pior Tabloneir@.
  • Mellor caída.
  • Tabloneir@ máis veterano.
  • Taboneir@ máis novo.

Cando comezamos:

A  proba máis inmediata é a de Monteferro/Patos do día 28/29 de Abril, a inscripción é de 17 euros, por ese prezo ofrecémosvos BOCADILLO e unha SUPERCAMISETA.

Como inscibirse:

Temos tres opcións de inscrición :

  • En Ultramarinos surf shop de cálea Camelias 15 (Vigo)
  • Via mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
  • Ou por whatsapp ao 620541500

As inscricións serán abonadas no mesmo campionato e finalizan o día antes.

Non é necesario ter un nivel de long brutal, é unha liga aberta a todo o mundo que o desexe.

ANIMARVOS!

 
2 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: