Crónica da Liga Ultramarinos na Lanzada

A pasada fin de semana tivo lugar na praia da Lanzada a primeira proba da nova Liga de Longboard Ultramarinos, unha liga organizada con moita ilusión e agarimo, xa que agora é o momento de realizar un novo formato de "competición" co obxetivo principal de pasalo ben e xuntar aos amantes dos longueiróns da nosa costa nunha xornada festiva.

Uns 30 longueiróns inscritos disfrutaron de ondas de medio metro con vento suave do noroeste nun día fermoso nas Rías Baixas. Puidéronse ver manobras da vella escola coma sarcófagos, pinos, cuasimodos... todo iso coa fantástica elección musical de Edu Cuchimamas e con intervencións ao micro de Sir Martin Rich (todo un speaker ASP).

Pola mañá realizáronse os triais e as repescas onde xa puidemos observar surfeiras do peor nivel que querían o seu premio, cullerde pau ao peor surfer, o trofeo máis ansiado por todo o persoal. Parón ao mediodía pra degustar o magnifico churrasco de Kannion surf (Montalvo) e contarmos batallitas.

Pola tarde a cousa xa se estivo máis seria... minto estes longboarders seguían saltándose ondas e gozando dun surfing de vella escola, todo isto cun sorriso na cara e festexando cada onda, pero como en toda competición, a pesar de ser con este formato, ten unha final e nós non iamos ser menos. Por unha banda estaban as mozas cun nivel moi alto. Ana, María e Lorena foron capaces de obsequiarnos cun estilo precioso e mellor co masculino.

Resultados:

1ª - María Lafuente
2ª - Lorena
3ª - Ana

En canto aos mozos atopámonos na final con longboarders sorpresa como foron Pera e Escontrela, que se meteron na final por méritos propios facendo un surfing moi vistoso. Pero quen nos deu "palpelo" en realidade foi un neno de 15 anos, Iago Formosel, que gañou con moita facilidade demostrando un long moi sólido e estiloso.

Resultados :

1º Iago Formosel
2º Pablo Solloso
3º Ricardo Palomeque
4º Pera
5º Román
6º Escontrela

En canto aos premios máis esperados:

  • Peor surfeiro : Luismi
  • Mellor caida : Quique Seijo
  • Surfeiro máis veterano : Martin Rich
  • Surfeiro máis novo : Xes e Martiño

E así conclúe a primeira proba da Liga Ultramarinos de Longboard, próxima parada na praia de Patos (cando as ondas teñan a ben).


Agradecer a Kannion surf , a Oberling e á FGS a súa participación nesta liga, así como a todos os asistentes pola súa paixón polo longboard, facendo deste evento seu.

Tedes todas as fotos do día no Facebook de Quique Otero en:

https://www.facebook.com/media

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.