Liga Ultramarinos Longboard: confirmado o campionato de Monteferro este domingo

Liga Ultramarinos Longboard Galicia

Continuamos coa terceira e última proba da Liga Ultramarinos Longboard, unha proba onde coñeceremos ao campión desta liga. Unha maneira divertida de atoparnos os tabloneiros galegos. Esta terceira proba desenvolvésese na Esquerda de Monteferro e trátase da derradeira proba dunha liga cun formato apto para todos os públicos onde o de menos vai ser a competición, imos explicar por puntos como é o formato: Mangas de 6 persoas de 20 minutos, pasan os 3 de cada manga e os 3 perdedores pasan á repesca, garantindo a entrada á auga en dúas mangas.

O CRITERIO DE  PUNTUACION :

Realmente non vai ser ningún, simplemente vai ser algo divertido e que todo o mundo goce dun día de  surfing. Permitiranse as saltadas, ondas compartidas, entrar disfrazado, etc... Claro está que seremos xustos con aqueles cracks que o fagan incrible polo que puntuaremos ao máis estiloso e ao que tente desenvolver un longboarding  old  school, iso si, esperamos que os xuíces estean á altura xa que nalgún caso seredes vós .

A proba desta Fin de semana (22/23 de Decembro) na Esquerda de  Monteferro consta dunha inscrición de 17 euros, por ese prezo ofrecémosvos un tentenpie e unha camiseta.

HORARIO : Será confirmado o Venres 21 segundo condicións.

COMO INSCRIBIRSE?

Temos tres opcións de inscrición :

1- En Ultramarinos surf  shop de Rúa Camelias 15 (Vigo)

2-  Via mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

3- Ou por whatsapp ao 620541500

As inscricións serán abonadas no mesmo campionato.

Non é necesario ter un nivel de long brutal, é unha liga aberta a todo o mundo que o desexe, galego e non galegos.

Animádevos!


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.