Entrevista a Román Díez

ROMAN DIEZ

Hoxe publicamos unha pequena conversa con Román Díez, subcampión galego de longueirón e un dos dirixentes dos G.A.L. (Galegos Asociados polo Longueirón). Román Díez tamén é un dos organizadores do Festival Onda Longa.

Esta é a súa ficha técnica:

  • Nome:  Roman Diez    
  • Idade: 32
  • Anos surfeando: 18
  • Spots que frecuentas: Patos
  • Estudos/Traballo: Shaper de Iron Mountain
  • Un hobby: Viaxar
  • Unha viaxe: California
  • Un soño: Facer do Ondalonga un evento internacional.
  • Música preferida: Bersuit Vergarabat
  • Sponsors: Iron Mountain surfboards, Prado surf clube e Hey Juddy
  • Mellores Resultados: Campión Galego 2009 , Campión Open da Lanzada 2010, Subcampión Galego 2010 y 2º do primeiro Galaico-Luso de Patos

Esta foi a conversa:

Como e cando comenzaches a surfear?

Empecei con 14 anos por culpa dos amigos, eu xa patinaba, pero naqueles anos surfear era como outro escalón, así que me plantei en Novalbos  e merquei unha Byrne Tom Carroll por 15.000 pesetas de segunda man e unha licra, así que no mes de marzo para a auga “sen frío”, e ata agora.

Por que elexiches surfear con longueirón??

Sempre me chamou a atención a sensación de deslizamento que produce o longueirón, non digo que sexa mellor, senón diferente, creo que cada un ten que aprender a valorar todas as pranchas e para qué están feitas e un longueirón debería estar no quiver de todo o mundo, é divertido e a maneira de surfear é diferente

E cando comenzaches a competir?

No ano 2007 no Galaico-Luso da praia de Patos por razóns que descoñezo.


Que che parece o nivel galego de longueirón??

Duns anos para hoxe o nivel do longueirón galego subiu notablemente, temos xente en tóda-las competicións e festivais con un nivel incrible, nomes como Tony Varela, Daniel Alvite, Iago Baz, Kike Manero, Iago Bueno, J.Barcala, Alberto Mouriño, etc.. fan que sempre esteamos representados dignamente nas competicións.

Noraboa polo teu novo título de Subcampión Galego 2010 de Longueirón. Como foi a final do Campionato Galego en Soesto este ano??

Este ano foi moi complicado, existía moita competencia pero Daniel Alvite fixo un campeonato incrible cunhas puntuacións moi boas e foi un digno campión, foi unha manga moi dura.

É dificil conseguir sponsor facendo longueirón??

Por suposto, eu son o meu propio sponsor, o longueirón quédalle moito por andar en Galiza e as tendas deberían de ver o nivel e apoiar a xente. Temos que empezar a trocar a imaxe que se ten do longueirón, creo que en Galiza o único que ten algo de apoio é Daniel Alvite.

Como é un día normal na túa vida?

Hoxe por hoxe, a miña vida móvese ó redor das mareas, senón hai ondas de tarde, shapeo e reparo de mañá ou ó revés.


Agora estás moi metido co tema do shape, como vai Iron Mountain Surfboards, a túa marca de pranchas??

Levo un tempo shapeando para min e para algún amigo, pero o tema do shape é algo que me apaixoa e que me encanta, este mes de Setembro Iron Mountain, comezou a funcionar ó 100%, é dicir, xa podedes encargar unha prancha ou unha reparación, os materias son de primeira calidade e tóda-las pranchas serán feitas a man, sen preshapes. Nestes intres estou moi contento pola acollida que recibín da xente, e agardo que en breve poida apoiar algún longboarder galego.

Shapeando na súa casa

Un dos seus shapes

Tamén sabemos que xa estades preparando, dende o G.A.L, a nova edición do Festival OndaLonga 2011. Podes adiantar algunha novidade (datas, actividades, etc...)?

Ondalonga 2011 xa é un feito grazas á boa acollida do ano pasado, en breve reunirase o G.A.L. e decidiremos as datas e as novas actividades. Podo dicir que queremos que sexa como o ano pasado, con ese espiritu aínda que medre un pouco, gardando esa sensación, pero como adianto podo dicir que teremos pregoeiro da festa …jajajjaja…e moitas cousas mais, tamén dende aquí quero mandar un aviso a todo o mundo que queira colaborar: marcas, tendas… poden contactar con nós en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., así como á xente que acudiu o ano pasado que nos mande ideas e as suxestións que poidan ter.

Moitas gracias por colaborar nesta entrevista. Agora se queres podes escribir unhas palabras para dicir o que queiras aos nosos lectores:

Pois agradecer a todo o mundo que esta procurando que Iron Mountain sexa unha realidade como son os meus amigos, familia, Cristina e Hey Juddy que cando preciso algo para Iron Mountain sempre votan unha man. GRAZAS

Román surfando a súa praia local


Máis info en:

http://ironmountainsurfboards.blogspot.com/


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.