Longboard Sesións Longboard
Olas e Raiolas [VIDEO]
Martes, 10 Xaneiro 2012 00:00

Despois de case cinco meses sen novidades, Suso Ben, presenta o seu novo traballo de vídeo grabado na súa totalidade coa nova cámara Go Pro HD nunha pequena e divertida esquerda que rompe os días de moito mare. Moito long e moito bo rollo na auga. Boas Ondas!


Ler máis...
 
Sesión na Lanzada 29/10/2011 - JulianFotoSurf
Domingo, 06 Novembro 2011 20:02

Velaquí tedes unhas fermosas instantáneas feita por Lupe e publicadas na galería de JulianFotoSurf dunha sesión a pasada semana na praia da Lanzada con moitos longueiróns na auga. Facede click na ligazón da parte baixa pra ver toda a galería.


Ler máis...
 
O Gran Martes - 9 de Novembro
Luns, 15 Novembro 2010 00:56

Dende o blog de Jahgo e o surf chégannos estas fotos do martes 9 de novembro, ese día un gran maretón golpeou a costa galega e moitos riders buscaron refuxio en spots protexidos como a a praia coruñesa de Santa Cristina. Este spot estivo rompendo todo o día con ondas e moita xente tivo a oportunidade de darse un bo baño como podedes ver nas fotos.

Santa Cristina o 9 de Novembro

Ler máis...
 
Recunchos Galaicos
Martes, 09 Novembro 2010 22:31

Este maretón esta a deixar pola rede blogueira galega fermosas fotografías de recunchos protexidos con ondas onde nunca temos a oportunidade de surfar en días normais. Velaquí tedes dúas fotografías destes recunchos dende o blog del abuelo que promete novas fotos pronto.

Recuncho Galaico

Ler máis...
 
Jaguai na Lanzada S.U.P [VIDEO]
Mércores, 20 Outubro 2010 20:00

Dende o blog de Longboard-ers de Dani Alvite chega este terceiro video do evento Jaguai na Lanzada. Este novo video é integramente de Surf de Pé, esta nova modalidade está collendo cada vez máis forza na Ría de Pontevedra e os surfeiros desta zona teñen cada vez máis nivel como se pode mirar neste video.

Ler máis...
 
Jaguai na Lanzada [VIDEO]
Luns, 04 Outubro 2010 00:00

Dani Alvite ven de publicar no seu blog o primeiro video do "Jaguai na Lanzada" que tivo lugar a pasada fin de semana na praia da Lanzada. Este evento foi un éxito de partipación e amosa a forza do longueirón na nosa costa. Os riders do video son Abraham, Rufo, Gitos, Román, Mou, Dani Alvite e algún outro máis...

Ler máis...
 
Funky Mission V-Point [VIDEO]
Mércores, 07 Abril 2010 01:00

O longueirón está de moda e cada vez temos máis material pra irmos publicando como este video que chega dende o blog Memorias dun 9 pés grabado por Silvia e feito por especialistas en esceas perigosas :)

Ler máis...
 
Esnaquiza as ondas non a praia [VIDEO]
Martes, 09 Marzo 2010 01:00

Suso Ben - Hai algúns anos tiven unha camiseta que poñía nas costas: “Destroy waves not beaches” (esnaquiza as ondas e non as praias) pois isto ven a conto polo que vai acontecer en Nemiña: unha xuntanza para limpar a praia e despois pillar unhas boas ondas ou tombos, como se di pola zona. Non hai unha data fixa, xa que, segundo teño entendido, queren que se celebre cando haxa boas condicións para o surf. Pois quedamos á espera… ao igual que do Festival Onda Longa de Ponte Pedrido. Mentras aqui vos deixo un pequeno video para ir facendo boca. Boas ondas…

Ler máis...
 
Long Cruising - Suso Ben [VIDEO]
Sábado, 20 Febreiro 2010 01:00

Hoxe publicamos o novo video de longueirón de Suso Ben, un fermoso video 100% long, esquerdas longas e pequenas nunha praia moi protexida da nosa costa. O xusto pra pasar un bo rato en compañía dos amigos.


Ler máis...
 
Friendship [VIDEO]
Luns, 15 Febreiro 2010 01:00

Apresentámosvos hoxe o novo video do Longueirón Surf Clube feito cun estilo retro dos anos 30. Video de Nacho Rodríguez.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 5


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: