Paddle
Guillermo Carracedo remata 19º nos Mundiais ISA de SUP
Domingo, 24 Maio 2015 15:15

Guillermo Carracedo paddle surf

Guillermo Carracedo - O primeiro dicir que independentemente da competición, foi unha viaxe incrible, con mil e unha anécdotas e que mo pasei de marabilla e aprendín moitísimo e teño as pautas para seguir aprendendo e mellorando! Cheguei dúas semanas antes a Sayulita, pra coñecer a onda, aprender doutros competidores e coñecer outras ondas na compaña de riders locais.

Guillermo Carracedo paddle surf

Unha vez que chegaron todos os equipos foi a cerimonia de apertura, o día 1 , moi vistosa e bonita, coa mestura de areas de todas as praias do mundo e bailes tradicionais. Ao dia seguinte competín, pero de entre as dúas táboas de paddle surf que me levaba, escollín a máis pequen , que ao final resultou demasiado pequena, xa que me collían todas as ondas os meus rivais, e quedei eliminado do evento principal en primeira rolda!

Ler máis...
 
Ocean Race A Lanzada [VIDEO]
Martes, 19 Maio 2015 14:34

Vídeo resumo da proba Ocean Race A Lanzada organizada por Tartaruga Surf e Snapper Surf na praia da Lanzada con modalidades de paddle surf e kayak. Un vídeo moi chulo publicado por Fernando Prixma.

Ler máis...
 
Guillermo Carracedo vai participar nos Mundiais ISA de Paddle Surf
Venres, 01 Maio 2015 00:00

Hoxe marcha de viaxe Guillermo Carracedo cara México onde vai competir no Mundial ISA na categoría de Paddle Surf coa selección española do día 10 ao 17 de Maio. O ano pasado rematou na posición 19ª e fixo un magnífico resultado que esperamos que millore este ano xa que está en moi boa forma.

Ler máis...
 
Guillermo Carracedo vencedor absoluto de Paddle Surf en Andalucía
Mércores, 04 Marzo 2015 19:15


O pasado mes de Febreiro o rider de paddle surf Guillermo Carracedo foi o vencedor de dúas probas de paddle surf en Andalucía. O primeiro evento foi o Open de Yerbabuena, clafisicatorio do campionato de España, no que pasou todas as mangas na primeira posición combinando un surf moi radical nunha dereita moi longa e de gran calidade. Tamén participou en surf pero foi eliminado por Eneko Acero. Martin Cortijo e Luís Ansín competiron en surf e o pontevedrés rematou en terceira posición.
Ler máis...
 
Galicia -The Search [VIDEO]
Xoves, 11 Decembro 2014 17:46

Presentámosvos un fermoso vídeo de Benoit Carpentier, rider francés de SUP, explorando e surfando a costa de Galicia coa súa Starboard Airborn 7’4.

Ler máis...
 
Entrevista a Guillermo Carracedo e Yago Rodríguez en Pro Training Cantabria
Luns, 24 Novembro 2014 00:00

Velaquí tedes unha pequena entrevista feita por Sup Skull a Guillermo Carracedo e Yago Rodríguez nas instalacións de Pro Training Cantabria en Pedreña.

Ler máis...
 
Rutas de Paddle en Santa María de Oia [VIDEO]
Domingo, 21 Setembro 2014 18:23

Velaquí tedes un fermoso vídeo con imaxes das rutas de Paddle Surf en Santa Maria de Oia polas que pasaron máis dun cento de persoas este primeiro verán e que se empeza a convertir nunha boa actividade para os días sen ondas. Se estades interesados en sair de ruta cos vosos amigos podedes contactar con Mendiola directamente no teléfono 639 340 948 ou na oficina municipal de turismo no teléfeno 986 362 225. Vídeo feito por Factoria74.

Ler máis...
 
Guillermo Carracedo recupérase ben da súa grave lesión
Luns, 08 Setembro 2014 00:00

Comezamos a semana coa boa nova da recuperación de Guillermo Carracedo despois da súa grave lesión mentres practicaba o paddle surf en ondas e quixo facer un aéreo. Guillermo sufriu un forte golpe na súa cabeza que lle ocasionou unha rotura do frontal, seno frontal e os ósos do nariz. Isto fixo que pasase dous días na UCI perto da morte pero agora xa podemos publicar que está ben en espera de saber se vai ser operado ou non.

Ler máis...
 
Convocada a 2ª Travesía de SUP RACE na praia de Vilarrube
Martes, 26 Agosto 2014 08:49

Os días 30 e 31 de agosto vai ter lugar a 2º Travesía de SUP-RACE do Circuito Galego na Praia de Vilarrube no Concello de Valdoviño organizada polo clube As Forcadas con categorías masculina e feminina.

As inscripcions pechan o xoves día 28 de agosto as 13 horas. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. Recordade enviar a autorización paterna os que ainda non a tramitaron. O venres publicarase un horario provisional na web www.fgsurf.org Mentras tanto seguimos vendo as previsions en Camaramar.

Ler máis...
 
Sesións de SUP en Oia
Mércores, 30 Xullo 2014 10:42

Este mes estivemos coñecendo a costa de Oia grazas ao Santa Maria Surf Club e José Mendiola cos seus SUP de espuma perfectos para principiantes e quedamos moi contentos da experiencia vivida. Volveremos pronto e aproveitamos pra vos recomendar esta experiencia a tan so media de hora de coche de Vigo e 15 minutos dende Nigrán.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 4

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: