Paddle
Convocada a 3ª Travesia de SUP Nigrán-Baiona o 30 de Xuño
Mércores, 26 Xuño 2013 22:55

Este domingo 30 de Xuño tedes unha cita co Paddle Surf na modalidade Race na 3ª Travesía Nigrán - Baiona. Haberá bautismos de paddle en Baiona a partires das 12:30 e podedes reservar o voso material por soamente 10€.

Ler máis...
 
Excelente 16º posto de Coque Araujo en Bilbao
Martes, 25 Xuño 2013 10:18

Esta pasada fin de semana o padeleiro galego Coque Araujo acadou un excelente 16º posto no Bilbao World SUP Challenge competindo contra os mellores riders do planeta. Foron 18 kilómetros de dura loita que rematou en 2 horas e 11 minutos pola Ría de Bilbao nunha xornada espectacular. Noraboa Coque!

 
Circuíto Galego de Paddle Surf - Nemiña 2013 [VIDEO]
Xoves, 16 Maio 2013 08:55

Vídeo resumo da primeira proba do Circuíto Galego de Paddle Surf celebrado o pasado domingo na praia de Nemiña con unhas ondas excelentes. Alberto Santamaria foi o vencedor da proba seguido por Aberto Carracedo, David Torralba e de cuarto Oscar Ruiz.

Ler máis...
 
Coque Araujo marcha de Beachescolas
Mércores, 24 Abril 2013 16:25

O rider galego Coque Araujo abandoa Beachescolas despois de algo máis dun ano con moi boas experiencias e excelentes resultados no Circuíto Galego de Paddle Race e tamén en probas destacadas de Race no Cantábrico.

Coque Araujo é un dos pioneiros do surf nas Rías Baixas e tamén de longboard e paddle, un auténtico waterman galego.

Ler máis...
 
Noraboa ao SUP Galego! Coque Araujo fai podium en Cantabria!
Xoves, 11 Abril 2013 01:13

O pasado sábado día 7 de Abril daba comezo en San Vicente de la Barquera a primeira proba do Circuíto Cántabro de Stand Up Paddle en modalidade Race, o Circuíto referencia en España e o de maior nivel a cargo, nesta ocasión, da escola Costa Norte e Días de Surf en colaboración coa Federación Cántabra de Surf. O rider galego Coque Araujo, primeiro pola esquerda, rematou nun excelente segundo posto demostrando o bo estado do paddle race na nosa costa.

As previsións meteorolóxicas xa auguraban que a carreira ía ser moi dura e o sábado atopabámonos na praia do Tostadero a 6ºC, con pedrisco e ventos fortísimos que se unían ás correntes causadas pola marea, así que desde as 08:30 da mañá a organización xa estaba ao choio para conseguir un desenvolvemento impecable da proba a pesar das adversidades.

Ler máis...
 
Razo SUP Galicia [VIDEO]
Domingo, 31 Marzo 2013 00:00

Sesión de paddle surf na praia de Razo con Sebas Baamonde e amigos nun día glassy e con boas ondas.

Ler máis...
 
Sabón Surf SUP - Predator in a frozen time [VIDEO]
Xoves, 28 Marzo 2013 00:00

Sesión de paddle surf na praia de Sabón o pasado 26 de Xaneiro. Mar revolto e moitos locais na auga. Se sodes da zona da Coruña poida que saíades no vídeo. Vídeo: Sebas Baamonde.

Ler máis...
 
Segundo día de Sean Poynter in Galicia [VIDEO]
Domingo, 02 Decembro 2012 12:01

Velaquí tedes o vídeo do segundo día de Sean Poynter no sur da costa galega acompañado pola xente de Waira na súa búsqueda de boas ondas. Non tiveron sorte e remataron o día surfando pequenas ondas na praia de Patos na compaña dos paddeleiros de Waira e Beachescolas. Sean quedou fascinado pola beleza da Ría de Vigo, Baiona e a salxa costa de Oia.

Ler máis...
 
Sesións Galegas de Sean Poynter
Luns, 19 Novembro 2012 00:00

Execelente vídeo de Sean Poynter nas aguas da nosa costa da man de Waira, Silfocamps e Beachescolas. No vídeo podedes ver as boas ondas que tiveron e a destreza deste rider con e sen remo, lider mundial de Santd up Paddle en modalidade surf. Fonte da nova: SupGz

Oe Sean, como viches o día?: "Tricky but fun", contestou. E é que tiñamos a Sean Poynter en Galicia nun acto promocional de Starboard e non podiamos deixar escapar a ocasión. E así o fixemos. A xente de Waira, coa colaboración de Silfo Surfcamp e o Concello de Malpica, organizaron unha xornada de surf, na que ademais puidemos probar a gama de paddle-surf Prol Starboard, así como as novas táboas de surf da marca.

Ler máis...
 
4ª Proba do Circuíto Beachescolas de Paddle Race 2012 na praia da Ladeira en Baiona
Xoves, 15 Novembro 2012 20:42

Tras o parón veraniego para poder competir nos diferentes campionatos que se celebraron fóra de Galicia, incluído o Campionato de España celebrado recentemente, retomamos o Circuíto Beachescolas de Paddlesurf (Circuíto de Paddleboard Race da Federación Galega de Surf) e xa temos todo listo para a cuarta proba que se celebrará na Praia da Ladeira, Concello de Baiona, esta fin de semana.

PADDLE SURF GALICIA

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 4

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: