Mércores, 08 Febreiro 2012 14:55 |
FGSurf.org - Convocada a 1ª Proba do Circuito Open de Longboard e Paddle na Praia de A Ladeira (Baiona), sentimos comunicar que a proba tera que ser aprazada, xa que as condicions do mar non se presentan nada favorables, os partes desta semana presentan so un 1.5 m quedando as condicions imposibles para poder realizar o campioanto. Así que moi ao noso pesar, a Federación e o clube organizador, neste caso Prado surf club, decidimos aprazar a proba en A Ladeira (Baiona) ata novo aviso.
A próxima semana anunciaremos a confirmación da data da nova convocatoria, según os partes de ondas.
|
Martes, 07 Febreiro 2012 00:00 |
Xa está aberto o prazo de inscrición da 1ª Proba Open de Longboard e Paddleboard, para a próxima fin de semana o día 11 de Febreiro, na praia da Ladeira no Concello de Baiona. Haberá actividades como bautismos de iniciación ao surf e ao paddle surf.

|
Ler máis...
|
Mércores, 25 Xaneiro 2012 18:42 |
Estes días abriu Piratas, unha nova escola de Paddle Surf nas Rías Baixas, da man de Sergio Lage. O Paddle Surf é unha modalidade complementaria perfecta para os días de pouco mar e ondas pequenas. Tamén podedes facer rutas pola costa e disfrutar do mar na compaña dos vosos amigos. Tedes servizos de clases de paddle surf, aluguer de material e rutas polo río Lérez e a Ría de Pontevedra. 
|
Ler máis...
|
Xoves, 03 Novembro 2011 13:00 |
Velaquí tes un bonito vídeo de paddle surf con Pedro Novalbos e Guille na praia da Ladeira no Concello de Baiona. Esta praia non é un spot surfeiro pero como podedes ver no vídeo o paddle surf abre novas portas e posibilidades a surfar praias con ondas pequerrechas.
|
Ler máis...
|
Luns, 17 Outubro 2011 00:06 |
O I Campionato Óptica Val de Paddle Surf e Windsurf celebrouse cun éxito de participación con 30 particpantes e un vento forte do nordés con ondas de 1/4 de metro suficientes para celebrar o evento. Os resultados Paddle Surf: 1º Felix, 2º M. Almon, 3º Sebas e 4º Lola. 
|
Ler máis...
|
Martes, 19 Xullo 2011 08:00 |
A primeira quincena de Agosto vai ter lugar unha unha travesía de paddle surf entre a praia de Riazor e Barrañán. A saída será as 9:30 da mañán dende Riazor e ás 10:00 dende o Orzán.
A duración da travesía será de 4 horas polo que é importante estar en boa condición física pra poder participar. O prezo de inscrición é de 5 € con xantar incluido en Surfari Surf Camp, onde podedes alugar o material pra participar. O día da travesía haberán clases de iniciación ao paddle surf de balde. Tedes máis info deste evento no Facebook:
http://www.facebook.com/event.php?eid=244816965547789&view=wall
|
Luns, 20 Xuño 2011 09:59 |
Esta fin de semana celebrouse a 1ª Travesía de Paddle-Surf Nigrán-Baiona con un grande éxito de público e participantes. Con algo de atraso e ao rededor das 11:30 horas a Concelleira de Deportes do Concello de Nigrán Liliana Silva daba o bocinazo de saída en Praia América. Os participantes demostraron as súas ansias por gañar desde o primeiro momento con empuxóns e carreiras no momento de saída. 
O día foi perfecto, sol radiante e vento frouxo de Nordeste, a travesía discorreu paralela á costa por Praia América, logo Monte Lourido onde os locais coñecedores da zona optaron por un atallo estreito, entre rocas para gañar uns minutos. Daquela a Praia de Ladeira xa no municipio de Baiona, Santa Marta e por fin a entrada á praia, que se realizou entre os pantaláns o que foi un gran espectáculo, os competidores coas súas táboas facendo zig zag entre os barcos. |
Ler máis...
|
Xoves, 09 Xuño 2011 18:00 |
Co gallo da celebración do día Internacional do Surf o día 19 de xuño o Prado Surf Clube, Waira Surf Shop, Federación Española de Surf e os Concellos de Nigrán e Baiona organizan unha travesía en Paddle Surf desde Praia América até a praia de Ribeira, co fin de irmandar ós municipios de Nigrán e Baiona. A travesía, de 5 km. iniciarase ás 11:00 horas e transcorrerá paralela á costa.

|
Ler máis...
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
|
Páxina 4 de 4 |