Paddle Paddle Surf
Clinic SUP 2018 - Coque Araujo
Venres, 02 Marzo 2018 10:53

Clinic Paddle Surf Galicia

A idea é conseguir realizar un curso que ofreza unha formación que se centre na corrección e calidade técnica, con formato de "Clinic" no que se aborden e corríxanse todos os aspectos fundamentais mellorando a técnica de cada alumno.

  • Duración: 14 horas (2 xornadas).
  • Lugar: Praia de Ladeira, Baiona.
  • Aforamento: mínimo 4 persoas - máximo de 8 persoas.
  • Datas: 10-11 de marzo de 2018.
  • Poderase convalidar pola materia de SUP do curso de TD1 para os alumnos futuros e presentes dos cursos de TD1 da FGSurf e terán un desconto de 50€ na inscrición do Clinic.
  • Docente:Coque Araujo.
Ler máis...
 
Guillermo Carracedo vai participar nos Mundiais ISA de Paddle Surf
Venres, 01 Maio 2015 00:00

Hoxe marcha de viaxe Guillermo Carracedo cara México onde vai competir no Mundial ISA na categoría de Paddle Surf coa selección española do día 10 ao 17 de Maio. O ano pasado rematou na posición 19ª e fixo un magnífico resultado que esperamos que millore este ano xa que está en moi boa forma.

Ler máis...
 
Entrevista a Guillermo Carracedo e Yago Rodríguez en Pro Training Cantabria
Luns, 24 Novembro 2014 00:00

Velaquí tedes unha pequena entrevista feita por Sup Skull a Guillermo Carracedo e Yago Rodríguez nas instalacións de Pro Training Cantabria en Pedreña.

Ler máis...
 
Guillermo Carracedo recupérase ben da súa grave lesión
Luns, 08 Setembro 2014 00:00

Comezamos a semana coa boa nova da recuperación de Guillermo Carracedo despois da súa grave lesión mentres practicaba o paddle surf en ondas e quixo facer un aéreo. Guillermo sufriu un forte golpe na súa cabeza que lle ocasionou unha rotura do frontal, seno frontal e os ósos do nariz. Isto fixo que pasase dous días na UCI perto da morte pero agora xa podemos publicar que está ben en espera de saber se vai ser operado ou non.

Ler máis...
 
Ojo de Pez - Episodio 7: Santa Marta Classic
Domingo, 18 Agosto 2013 18:36

Neste episodio de 'Ojo de Pez' tedes unha reportaxe especaila sobre a 28 edición da Santa Marta Classic, celebrada na praia de Liméns no Concello de Cangas. Gony Zubizarreta fala sobre o "lay back" e tamén unha reportaxe sobre a tenda de surf 'Waira' en Patos e especializada en paddle surf, kite, windsurf e surf.

Ler máis...
 
Coque Araujo marcha de Beachescolas
Mércores, 24 Abril 2013 16:25

O rider galego Coque Araujo abandoa Beachescolas despois de algo máis dun ano con moi boas experiencias e excelentes resultados no Circuíto Galego de Paddle Race e tamén en probas destacadas de Race no Cantábrico.

Coque Araujo é un dos pioneiros do surf nas Rías Baixas e tamén de longboard e paddle, un auténtico waterman galego.

Ler máis...
 
Segundo día de Sean Poynter in Galicia [VIDEO]
Domingo, 02 Decembro 2012 12:01

Velaquí tedes o vídeo do segundo día de Sean Poynter no sur da costa galega acompañado pola xente de Waira na súa búsqueda de boas ondas. Non tiveron sorte e remataron o día surfando pequenas ondas na praia de Patos na compaña dos paddeleiros de Waira e Beachescolas. Sean quedou fascinado pola beleza da Ría de Vigo, Baiona e a salxa costa de Oia.

Ler máis...
 
4ª Proba do Circuíto Beachescolas de Paddle Race 2012 na praia da Ladeira en Baiona
Xoves, 15 Novembro 2012 20:42

Tras o parón veraniego para poder competir nos diferentes campionatos que se celebraron fóra de Galicia, incluído o Campionato de España celebrado recentemente, retomamos o Circuíto Beachescolas de Paddlesurf (Circuíto de Paddleboard Race da Federación Galega de Surf) e xa temos todo listo para a cuarta proba que se celebrará na Praia da Ladeira, Concello de Baiona, esta fin de semana.

PADDLE SURF GALICIA

Ler máis...
 
Sean Poynter en Galicia
Luns, 12 Novembro 2012 11:51

Hoxe luns e o martes 12 e 13 de Novembro teremos a sorte de contar coa presenza de Sean Poynter en Galicia (neste momento está líder do mundial de sup en ondas). O luns estaremos en Silfosurfcamp. E o martes no Beachescola de Patos. Buscaremos, en función da previsión, un anuncio pola zona onde podamos entrar a gozar dunha sesión cun do mellores SUP surfers.

Convidámosvos a virvos a coñecer a Sean antes de que vaia a Brasil a competir en ultíma proba do Campionato do Mundo.

Ler máis...
 
Bautismo de Paddle Surf en Malpica - 14 de Xullo
Xoves, 12 Xullo 2012 10:18

A partires das once da mañán podedes pasar por Malpica de Bergantiños a probar o paddle surf da man de Silfo Surfcamp, Nemiña Vida, Waira e a Federación Galega de Surf.

Ler máis...
 


Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: