Martes, 03 Setembro 2019 09:27 |

Salitre Fest: Non te perdas o próximo 7 e 8 de setembro o Campionato de España de Clubs de SUP Race que se celebrará en Baiona. Nesta edición 2019 do Salitre Fest, o campionato ibérico de paddle surf, e grazas á estreita colaboración entre a Federación Española de Surfing ademais da proba individual da Copa FESurfing de SUP RACE 2019 (1800 puntos), decidiráse en Baiona o Campionato de España de Clubs de SUP Race.
|
Ler máis...
|
Mércores, 06 Decembro 2017 13:15 |

Sanxenxo acollerá, os días 9 e 10 de decembro, a cuarta edición da proba internacional A Lanzada Ocean Race na que se darán cita os mellores especialistas de surfski e padel surf. Faranse dúas saídas, unha desde a praia da Lanzada cun percorrido de 15 quilómetros, e a outra desde a praia de Major, de 7 quilómetros; aínda que a meta para ambas as modalidades estará instalada en Portonovo.
|
Ler máis...
|
Luns, 08 Agosto 2016 18:51 |

Aberto o prazo de inscripción para o Campionato de SUP Race en Miño que vai ter lugar o vindeiro 14 de Agosto. Esta segunda proba do Circuíto Galego SUP Race vai ser moi importante pra coñecer os favoritos ao título este ano. |
Ler máis...
|
Venres, 15 Xullo 2016 08:48 |
Resumo das mellores ondas e final do Campionato de España de Paddle surf de ondas na praia de Doniños que rematou coa victoria do basco Ohian Aizpuru e o subcampionato Juan de los Reyes de Andalucia, en terceira posición para o galego guillermo Carracedo e o cántabro Oscar Ruiz en cuarta posición. En chicas a victoria foi para a canaria Iballa Ruano.
|
Ler máis...
|
Luns, 11 Xullo 2016 14:57 |

O vindeiro 15 de Xullo tedes unha cita coa competición en paddle surf na praia de Pantín e os millores riders do noso circuito que loitarán por levantar o trofeo e tamén polos puntos para ser o campión do Circuito Galego SUP. |
Ler máis...
|
Mércores, 23 Setembro 2015 18:55 |
Vídeo resumo do Campionato de España de SUP e Paddleboard 2015 que tivo lugar en Baiona, nas Rías Baixas este mes e que foi un éxito de participación nas categorías de longa distancia e carrera técnica. Excelente organización grazas ao traballo de Coque Araujo.
|
Ler máis...
|
Martes, 01 Setembro 2015 00:00 |
Os víndeiros días 12 e 13 de Setembro vai ter lugar na vila mariñeira de Baiona o Campionato de España de SUP Race na praia da Ladeira. Neste evento participarán os millores remeiros desta modalidade de paddle surf de velocidade e recorrido. Espectáculo asegurado.
|
Ler máis...
|
Xoves, 09 Xullo 2015 10:33 |
Xa podedes ver o resumo oficial da IV Travesía de SUP Panxón - Baiona que tivo lugar a finais do mes pasado e que rematou coa victoria de Coque Araujo nunha proba con gran participación de competidores e público que disfrutaron nunha xornada de sol e calor espectacular nas Rías Baixas.Un evento organizado por Prado Surf Escola, Waira e os concellos de Baiona e Nigrán.
|
Ler máis...
|
Luns, 22 Xuño 2015 08:59 |

Todo preparado para unha nova edición da Travesía Nigrán Baiona de SUP que se celebra dende hai catro anos ao comezo do verán. Este evento é unha proba do Circuíto Galego de SUP Race e clasificatorio para o Campionato de España. A saída será ás 12:00 dende o peirao de Panxón en Nigrán. Haberá trofeos para os primeiros e sorteo de regalos entre todos os participantes. Tamén podedes recibir bautismos de paddle surf de 14:00 ata ás 18:99 na praia de Ribeira en Baiona. |
Ler máis...
|
Domingo, 24 Maio 2015 15:15 |

Guillermo Carracedo - O primeiro dicir que independentemente da competición, foi unha viaxe incrible, con mil e unha anécdotas e que mo pasei de marabilla e aprendín moitísimo e teño as pautas para seguir aprendendo e mellorando! Cheguei dúas semanas antes a Sayulita, pra coñecer a onda, aprender doutros competidores e coñecer outras ondas na compaña de riders locais. 
Unha vez que chegaron todos os equipos foi a cerimonia de apertura, o día 1 , moi vistosa e bonita, coa mestura de areas de todas as praias do mundo e bailes tradicionais. Ao dia seguinte competín, pero de entre as dúas táboas de paddle surf que me levaba, escollín a máis pequen , que ao final resultou demasiado pequena, xa que me collían todas as ondas os meus rivais, e quedei eliminado do evento principal en primeira rolda! |
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 4 |