Martes, 19 Maio 2015 14:34 |
Vídeo resumo da proba Ocean Race A Lanzada organizada por Tartaruga Surf e Snapper Surf na praia da Lanzada con modalidades de paddle surf e kayak. Un vídeo moi chulo publicado por Fernando Prixma. |
Ler máis...
|
Mércores, 04 Marzo 2015 19:15 |
O pasado mes de Febreiro o rider de paddle surf Guillermo Carracedo foi o vencedor de dúas probas de paddle surf en Andalucía. O primeiro evento foi o Open de Yerbabuena, clafisicatorio do campionato de España, no que pasou todas as mangas na primeira posición combinando un surf moi radical nunha dereita moi longa e de gran calidade. Tamén participou en surf pero foi eliminado por Eneko Acero. Martin Cortijo e Luís Ansín competiron en surf e o pontevedrés rematou en terceira posición. |
Ler máis...
|
Martes, 26 Agosto 2014 08:49 |
Os días 30 e 31 de agosto vai ter lugar a 2º Travesía de SUP-RACE do Circuito Galego na Praia de Vilarrube no Concello de Valdoviño organizada polo clube As Forcadas con categorías masculina e feminina.
As inscripcions pechan o xoves día 28 de agosto as 13 horas. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. Recordade enviar a autorización paterna os que ainda non a tramitaron. O venres publicarase un horario provisional na web www.fgsurf.org Mentras tanto seguimos vendo as previsions en Camaramar.
|
Ler máis...
|
Martes, 29 Xullo 2014 08:51 |

Este sábado 2 de Agosto vai ter lugar a IV Travesía SUP de Nigrán a Baiona que puntua para o Circuíto Galego de SUP RAce e clasificatoria pra o Campionato de España. A saída será as 12 horas dende o porto pesqueiro de Baiona. Haberá bautismos de paddle surf gratuitos a partires das catro da tarde no areal de Praia América. |
Ler máis...
|
Domingo, 06 Xullo 2014 21:03 |
Noraboa a Guillermo Carracedo polo seu título estatal na categoría SUP Ondas gañado no evento disputado en Doniños estes días e organizado pola FES. Esperemos que este sexa outro paso na traxectoria deportiva deste fenomeno do remo e do SUP. Noraboa!

|
Martes, 15 Abril 2014 00:00 |

Os días 3 e 4 de Maio vaise celebrar a primeira edición da Val Miñor Sup Cup que forma parte do novo circuito estatal de paddle surf na categoría RACE. Esperamos que este evento sexa un éxito e acudan moitos participantes. |
Ler máis...
|
Domingo, 30 Xuño 2013 22:47 |
Coque Araujo foi o vencedor da 3ª Travesía SUP Nigrán Baiona cun tempo de 37 minutos e 28 segundos nunha proba na que o rider de Nigrán non tivo rival e soamente Suso Veiga, que rematou segundo a tres minutos, foi capaz de manter un ritmo forte pero sen opcións de loita polo primeiro posto. O día foi soleado e sen vento con todas as praias ateigadas de xente e espectadores que disfrutaron do espectáculo do Paddle Surf no que participaron uns 50 padeleiros.
Na categoría feminina Julia Pérez e Marta As foron as primeiras en chegar a liña de meta e demostrar que elas tamén saber padelear. Queremos aproveitar pra felicitarmos a todo o equipo de Prado Surf Escola pola excelente organización e tamén a xente de Waira, Marta e Victor, pola súa grande aportación e colaboración en todo o evento. Embaixo tedes o vídeo da saída do evento coas imaxes do bocinazo e a entrada na agua de todos os participantes. |
Ler máis...
|
Mércores, 26 Xuño 2013 22:55 |
Este domingo 30 de Xuño tedes unha cita co Paddle Surf na modalidade Race na 3ª Travesía Nigrán - Baiona. Haberá bautismos de paddle en Baiona a partires das 12:30 e podedes reservar o voso material por soamente 10€. |
Ler máis...
|
Martes, 25 Xuño 2013 10:18 |
Esta pasada fin de semana o padeleiro galego Coque Araujo acadou un excelente 16º posto no Bilbao World SUP Challenge competindo contra os mellores riders do planeta. Foron 18 kilómetros de dura loita que rematou en 2 horas e 11 minutos pola Ría de Bilbao nunha xornada espectacular. Noraboa Coque!

|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 4 |