Xoves, 16 Maio 2013 08:55 |
Vídeo resumo da primeira proba do Circuíto Galego de Paddle Surf celebrado o pasado domingo na praia de Nemiña con unhas ondas excelentes. Alberto Santamaria foi o vencedor da proba seguido por Aberto Carracedo, David Torralba e de cuarto Oscar Ruiz. |
Ler máis...
|
Xoves, 11 Abril 2013 01:13 |
O pasado sábado día 7 de Abril daba comezo en San Vicente de la Barquera a primeira proba do Circuíto Cántabro de Stand Up Paddle en modalidade Race, o Circuíto referencia en España e o de maior nivel a cargo, nesta ocasión, da escola Costa Norte e Días de Surf en colaboración coa Federación Cántabra de Surf. O rider galego Coque Araujo, primeiro pola esquerda, rematou nun excelente segundo posto demostrando o bo estado do paddle race na nosa costa.

As previsións meteorolóxicas xa auguraban que a carreira ía ser moi dura e o sábado atopabámonos na praia do Tostadero a 6ºC, con pedrisco e ventos fortísimos que se unían ás correntes causadas pola marea, así que desde as 08:30 da mañá a organización xa estaba ao choio para conseguir un desenvolvemento impecable da proba a pesar das adversidades.
|
Ler máis...
|
Mércores, 18 Xullo 2012 00:00 |
De novo Coque Araujo e Tono Teixeiro repiten como primeiro e segundo no podio da segunda proba do Circuíto Beachescolas de Paddle Surf na modalidade de Race ou carreira na proba celebrada en praia América a pasada fin de semana. Suso Veiga rematou terceiro e Marta Waira repetiu victoria na categoría de mulleres.

|
Ler máis...
|
Mércores, 11 Xullo 2012 00:00 |
Dous riders galegos das Rías Baixas, Coque Araujo e Tono Teixeiro fixeron un excelente resultado rematando na segunda e na oitava posición o pasado domingo 8 de Xullo en Somo na última proba do Circuíto Cántabro de Paddleboard, clasificatoria para o Campionato de España. Noraboa!! 
|
Ler máis...
|
Martes, 10 Xullo 2012 14:16 |

Xa está todo listo para a segunda proba do Circuíto Beachescolas de Paddlesurf que transcorre por augas próximas a Praia América e Panxón: en total son 5.100 metros de percorrido. A saída será da Beachescola de Praia América, ir até a zona de bateas que hai entre Ronseis e Madorra. Desde alí virar o Faro e ir recto de novo cara á Beachescola de Praia América. Os 5 km serán completados, polos regatistas máis competitivos, en pouco máis de media hora. Os que vaian gozar farano entre hora e hora e media aproximadamente. Como sempre, é unha proba accesible a calquera que xa estivese algunha vez sobre un paddleboard.
A saída, en función das mareas, será sobre as 18 horas do sábado 14 de xullo. A entrega de trofeos será no noso centro de Praia América e a continuación ser fará na Beachescola de Patos a festa fin de regata con petiscos e consumición gratis para os regatistas. Mesmo haberá un atractivo "menú regata" no noso restaurante.
As inscricións están abertas. Podes facelo a través da nosa web, ou chamando aos teléfonos 615138200 ou 986 446060. O prezo é de 10 euros (en liña) até o venres, e 15 euros se te inscribes o mesmo día da regata en Praia América.
|
Ler máis...
|
Sábado, 26 Maio 2012 11:54 |
Este sábado pola tarde uns 20 participantes tomaron a saída as seis da tarde pra disputar a primeira proba do Circuíto Beachescolas de Paddle Surf 2012 na praia de Patos na modalidade de 'Race'. Un día de ceo azul con nubes e ventos do sur un pouco fortes que complicaron a proba. O percorrido escollido finalmente foi duns 4.800 metros. 
Dende o comezo da proba os dous participantes máis fortes, Coque Araujo e Tono Teixeiro, loitaron polo liderato da carreira mais Coque foi collendo vantaxe e venceu nesta primeira proba do Circuíto con bastante superioridade cun tempo de 25:24 minutos. En mulleres a primeira clasificada foi Marta González 'Waira' que fixo un tempo de 39:31 minutos.
|
Ler máis...
|
Martes, 22 Maio 2012 12:04 |

Este sábado 26 de Maio dará comezo na Praia de Patos (Nigrán) o Circuíto Beachescolas de Paddle Race 2012. O circuíto consta de 7 probas, todas elas puntuables para o Circuíto Galego de Paddle Race da Federación Galega de Surf, e que se celebrarán nas Beachescolas situadas na provincia de Pontevedra co seguinte calendario:
- 26/05/2012 Patos (Nigrán)
- 30/06/2012 Praia América (Nigrán)
- 21/07/2012 Ladeira. Subida Río Miñor (Baiona - Nigrán)
- 11/08/2012 Madorra-Patos. Volta a Monteferro (Nigrán)
- 25/08/2012 Bao. Volta a Toralla (Vigo)
- 15/09/2012 Limens. Bateas (Cangas)
- 13/10/2012 Funchal-Liméns (Vigo - Cangas)
|
Ler máis...
|
Xoves, 05 Abril 2012 00:00 |
Acabamos de recibir polo Facebook a boa nova da creación da Asociación Galega de Stand Up Paddle 'AGSUP'.
AGSUP nace pra axudar á promoción e desenvolvemento do SUP en Galicia, está formada por un grupo de deportistas e escolas e van ir publicando noticias dos seus eventos e actividades nas praias da nosa costa. |
Ler máis...
|
Mércores, 08 Febreiro 2012 14:55 |
FGSurf.org - Convocada a 1ª Proba do Circuito Open de Longboard e Paddle na Praia de A Ladeira (Baiona), sentimos comunicar que a proba tera que ser aprazada, xa que as condicions do mar non se presentan nada favorables, os partes desta semana presentan so un 1.5 m quedando as condicions imposibles para poder realizar o campioanto. Así que moi ao noso pesar, a Federación e o clube organizador, neste caso Prado surf club, decidimos aprazar a proba en A Ladeira (Baiona) ata novo aviso.
A próxima semana anunciaremos a confirmación da data da nova convocatoria, según os partes de ondas.
|
Martes, 07 Febreiro 2012 00:00 |
Xa está aberto o prazo de inscrición da 1ª Proba Open de Longboard e Paddleboard, para a próxima fin de semana o día 11 de Febreiro, na praia da Ladeira no Concello de Baiona. Haberá actividades como bautismos de iniciación ao surf e ao paddle surf.

|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
|
Páxina 3 de 4 |