Paddle Campionatos I Travesía Paddle Surf Nigrán - Baiona - 19 de Xuño
I Travesía Paddle Surf Nigrán - Baiona - 19 de Xuño
Xoves, 09 Xuño 2011 18:00

Co gallo da celebración do día Internacional do Surf o día 19 de xuño o Prado Surf Clube, Waira Surf Shop, Federación Española de Surf e os Concellos de Nigrán e Baiona organizan unha travesía en Paddle Surf desde Praia América até a praia de Ribeira, co fin de irmandar ós municipios de Nigrán e Baiona. A travesía, de 5 km. iniciarase ás 11:00 horas e transcorrerá paralela á costa.

O mesmo día a partir das 12:30 horas no lugar de chegada: a Praia de Ribeira (Baiona) haberá bautismos gratuítos para todas as persoas que queiran probar este deporte e un test drive da marca Starboard.

Está aberta a todas as persoas que queiran participar, tanto as que teñan material como as que non o teñan (iso se o número de paddle-surf que dispomos para os que non teñan material é limitado e debe solicitarse expresamente na inscrición).

A proba é Calificatoria para o Campionato de España de Paddle-Surf que se realizará en Cantabria os días 15 e 16 de outubro. As inscricións teñen un custo de 5 € e deben realizarse na dirección de e-mail:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Info do evento a nivel mundial:

http://www.surfing-day.com

 
3 Votes


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: