Exito total na 1ª Travesía de Paddle Surf Nigrán - Baiona |
Luns, 20 Xuño 2011 09:59 | |||
Esta fin de semana celebrouse a 1ª Travesía de Paddle-Surf Nigrán-Baiona con un grande éxito de público e participantes. Con algo de atraso e ao rededor das 11:30 horas a Concelleira de Deportes do Concello de Nigrán Liliana Silva daba o bocinazo de saída en Praia América. Os participantes demostraron as súas ansias por gañar desde o primeiro momento con empuxóns e carreiras no momento de saída. O día foi perfecto, sol radiante e vento frouxo de Nordeste, a travesía discorreu paralela á costa por Praia América, logo Monte Lourido onde os locais coñecedores da zona optaron por un atallo estreito, entre rocas para gañar uns minutos. Daquela a Praia de Ladeira xa no municipio de Baiona, Santa Marta e por fin a entrada á praia, que se realizou entre os pantaláns o que foi un gran espectáculo, os competidores coas súas táboas facendo zig zag entre os barcos. Na categoría masculina as distancias entre os 3 primeiros foron notables, en mozas as 2 primeiras viñan unha pegada á outra e Elena Tapias e Sofía Andrade pelexaron até o último metro, houbo moita tensión, mesmo correron os últimos metros pola area, alzandose finalmente Elena coa vitoria. Resultados Homes: O evento foi organizado por Prado Surf Escola, Waira e os Concellos de Nigrán e Baiona e maila colaboración da Federación Española de Surf xa que se trataba dunha proba Clasificatoria para o Campionato de España que terá lugar en Cantabria no mes de outubro. Participantes na Travesía Achegamos unha selección de fotografías.
|
Novidades:
- A beleza das Rías Altas
- Comunicado FGS: Convocatoria seleccionadores e director/a técnico/a
- Illa Pancha Challenge - Canal do Chumbo
- Novo comunidado FGS: mobilidade praias
- Minisurf en Prado
- O mellor do Illa Pancha Challenge 2021
- Illa Pancha Challenge 2021
- Entrevista a Martina Álvarez | My Surf Coach
- FGS - Comunicado deporte federado