Guillermo Carracedo vencedor absoluto de Paddle Surf en Andalucía |
Mércores, 04 Marzo 2015 19:15 | |||
![]() O pasado mes de Febreiro o rider de paddle surf Guillermo Carracedo foi o vencedor de dúas probas de paddle surf en Andalucía. O primeiro evento foi o Open de Yerbabuena, clafisicatorio do campionato de España, no que pasou todas as mangas na primeira posición combinando un surf moi radical nunha dereita moi longa e de gran calidade. Tamén participou en surf pero foi eliminado por Eneko Acero. Martin Cortijo e Luís Ansín competiron en surf e o pontevedrés rematou en terceira posición. ![]()
Despois deste evento Guillermo regresou a casa a descansar pero a convocatoria dun Open en Conil no que volveu a rematar de primeiro demostrando un gran nivel en ondas pequenas e mal de vento conseguindo a millor onda do campionato cun 8,27. En surf rematou en quinta posición. ![]() ![]() Debaixo tedes un vídeo de Bowltash con algunhas ondas de Martín Cortijo e Marcos en Yerbabuena Moitas grazas a Guillermo Carracedo polo texto e fotos. {fcomments}
|