Paddle Campionatos Guillermo Carracedo remata 19º nos Mundiais ISA de SUP
Guillermo Carracedo remata 19º nos Mundiais ISA de SUP
Domingo, 24 Maio 2015 15:15

Guillermo Carracedo paddle surf

Guillermo Carracedo - O primeiro dicir que independentemente da competición, foi unha viaxe incrible, con mil e unha anécdotas e que mo pasei de marabilla e aprendín moitísimo e teño as pautas para seguir aprendendo e mellorando! Cheguei dúas semanas antes a Sayulita, pra coñecer a onda, aprender doutros competidores e coñecer outras ondas na compaña de riders locais.

Guillermo Carracedo paddle surf

Unha vez que chegaron todos os equipos foi a cerimonia de apertura, o día 1 , moi vistosa e bonita, coa mestura de areas de todas as praias do mundo e bailes tradicionais. Ao dia seguinte competín, pero de entre as dúas táboas de paddle surf que me levaba, escollín a máis pequen , que ao final resultou demasiado pequena, xa que me collían todas as ondas os meus rivais, e quedei eliminado do evento principal en primeira rolda!

Guillermo Carracedo paddle surf

Por falta de ondas pospúxose o evento até dous días mais adiante, metendo polo medio outras probas e o feminino de ondas que lle foi moi ben á miña compañeira de equipo Iballa quen conseguiu unha medalla de bronce!

Guillermo Carracedo paddle surf

O día que se reactivou a competición, había poucas ondas, e entrei en primeira manga moi de mañá, conseguín pasar primeiro a R2 onde me tocou outra manga moi complicada. Onde pelexandolo moito quedei de segundo pasando á seguinte rolda onde xa caín eliminado en 3 posición, deixándome de 19th do mundo. Cabe dicir que todo ese día de competición tiven que competir coa táboa rota, xa que a partín nun baño antes e estaba tenia chea de auga.

Highlights Final Day coas imaxes das finais nas que Sean Poynter levantou o trofeo mundial.

Moitas grazas a Guillermo Carracedo por compartir esta crónica na nosa web e noraboa polo seu magnífico resultado en competición!

{fcomments}

 
6 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: