Paddle Campionatos IV Travesía de SUP Nigrán - Baiona - 28 de Xuño
IV Travesía de SUP Nigrán - Baiona - 28 de Xuño
Luns, 22 Xuño 2015 08:59

Todo preparado para unha nova edición da Travesía Nigrán Baiona de SUP que se celebra dende hai catro anos ao comezo do verán. Este evento é unha proba do Circuíto Galego de SUP Race e clasificatorio para o Campionato de España. A saída será ás 12:00 dende o peirao de Panxón en Nigrán. Haberá trofeos para os primeiros e sorteo de regalos entre todos os participantes. Tamén podedes recibir bautismos de paddle surf de 14:00 ata ás 18:99 na praia de Ribeira en Baiona.

Programa:

09:30 Confirmación de inscripcións e recollida de paddles en Panxón
10:15 Peche de inscripcións
11:00 Saída de autobús dende Baiona a Panxón
11:30 Chegada de autobús a Panxón
12:00 Saída de Travesía dende Panxón
13:30 Entrega de Premios en Baiona (Praia da Ribeira)
14:00 a 18:00 Bautismos de paddlesurf gratuitos en Baiona (Praia da Ribeira)

Precio inscripción: 10 € (se necesitas alugar SUP e remo son outros 10 €)

Inscripcións por email en: waira[@]waira.net ou por teléfono no 986367881 - 678402628

Organizado por Waira, Prado Surf e Concello de Nigrán.

{fcomments}

 
6 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: