Paddle Rutas de Paddle Surf
Ruta de Paddle Surf na Coruña
Luns, 13 Xuño 2016 15:20

Fermoso vídeo duns amigos de ruta pola costa da cidade da Coruña co seu guía Hugo visitando a praia de San Amaro, o Paseo Marítimo ata Punta Herminia. Unha boa opción para esta época de poucas ondas.

Ler máis...
 
Comezan de novo as rutas de Paddle en Oia!
Luns, 22 Xuño 2015 08:43

Por segundo ano consecutivo podedes disfrutar de rutas guiadas de Paddle Surf no Concello de Oia grazas ao Santa María Surf Clube que organiza estas saídas guiadas os días con boas condicións por soamente 10€ e de 90 minutos de duración. Existe opción de comprar bonos a prezo inferior se estás pensando en ir bastante por Oia. Se estades interesados podedes contactar no teléfono 639 340 948 con José Mendiola ou na oficina municipal de turismo no teléfono 986 362 225. Tamén teñen servizo de aluguer de pranchas.

Santa Maria Surf Club

Ler máis...
 
Rutas de Paddle en Santa María de Oia [VIDEO]
Domingo, 21 Setembro 2014 18:23

Velaquí tedes un fermoso vídeo con imaxes das rutas de Paddle Surf en Santa Maria de Oia polas que pasaron máis dun cento de persoas este primeiro verán e que se empeza a convertir nunha boa actividade para os días sen ondas. Se estades interesados en sair de ruta cos vosos amigos podedes contactar con Mendiola directamente no teléfono 639 340 948 ou na oficina municipal de turismo no teléfeno 986 362 225. Vídeo feito por Factoria74.

Ler máis...
 
Descubre Oia facendo Paddle Surf!
Luns, 30 Xuño 2014 00:00

Presentámosvos as novas excursións e rutas guiadas de Paddle Surf no Concello de Oia grazas ao Santa María Surf Clube que organiza estas saídas guiadas os días con boas condicións por soamente 10€ e de 90 minutos de duración. Se estades interesados podedes contactar no teléfono 639 340 948 con José Mendiola ou na oficina municipal de turismo no teléfeno 986 362 225. Tamén teñen servizo de aluguer de pranchas.

Santa Maria Surf Club

Ler máis...
 
River Minho SUP [VIDEO]
Xoves, 13 Marzo 2014 23:49

Velaquí tedes un vídeo de paddle surf un pouco diferente dos que xa publicamos na web. Este vídeo foi gravado no Pai Miño con GoPro facendo un descenso polas augas bravas. Vídeo de Stand Up Spirit

 
Rutas de SUP en Nigrán - Prado Surf Escola
Mércores, 03 Xullo 2013 21:22

Todos os xoves de Xullo e Agosto podedes participar nas rutas de paddle surf organizadas por Prado Surf Escola de 11:00 a 13:00 por 10€ se levas o teu material e 20 se precisas alugar o quipo completo. Unha boa forma de coñecer un dos anacos de costa máis fermosos do surf de Galiza. Podedes contactar con iles no teléfono 636 024 702 ou por email no info[@]pradosurfescola.com

 
Travesía Sup Riazor - Barrañán "Keep the Oceans Clean"
Martes, 19 Xullo 2011 08:00

A primeira quincena de Agosto vai ter lugar unha unha travesía de paddle surf entre a praia de Riazor e Barrañán. A saída será as 9:30 da mañán dende Riazor e ás 10:00 dende o Orzán.

A duración da travesía será de 4 horas polo que é importante estar en boa condición física pra poder participar. O prezo de inscrición é de 5 € con xantar incluido en Surfari Surf Camp, onde podedes alugar o material pra participar. O día da travesía haberán clases de iniciación ao paddle surf de balde.

Tedes máis info deste evento no Facebook:

http://www.facebook.com/event.php?eid=244816965547789&view=wall

 


Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: