Paddle Sesións de Paddle
Paddle Surf en Patos [VIDEO]
Xoves, 29 Maio 2014 09:24

Sesión de paddle surf na praia da Patos con Coque Araujo e outros riders sen identificar con ondas pequenas e un poco desordenado mais suficiente pra pasar un rato divertido na auga como podedes ver neste vídeo feito por Manu Castro.

Ler máis...
 
Further North [VIDEO]
Domingo, 19 Xaneiro 2014 21:18

Novo vídeo de Roman Camba con imaxes gravadas coa cámara Solo Shot nunha sesión bastante potente de paddle surf na nosa costa con ondas de máis dun metro e forte vento terral.

Ler máis...
 
Razo SUP Galicia [VIDEO]
Domingo, 31 Marzo 2013 00:00

Sesión de paddle surf na praia de Razo con Sebas Baamonde e amigos nun día glassy e con boas ondas.

Ler máis...
 
Sabón Surf SUP - Predator in a frozen time [VIDEO]
Xoves, 28 Marzo 2013 00:00

Sesión de paddle surf na praia de Sabón o pasado 26 de Xaneiro. Mar revolto e moitos locais na auga. Se sodes da zona da Coruña poida que saíades no vídeo. Vídeo: Sebas Baamonde.

Ler máis...
 
Sesións Galegas de Sean Poynter
Luns, 19 Novembro 2012 00:00

Execelente vídeo de Sean Poynter nas aguas da nosa costa da man de Waira, Silfocamps e Beachescolas. No vídeo podedes ver as boas ondas que tiveron e a destreza deste rider con e sen remo, lider mundial de Santd up Paddle en modalidade surf. Fonte da nova: SupGz

Oe Sean, como viches o día?: "Tricky but fun", contestou. E é que tiñamos a Sean Poynter en Galicia nun acto promocional de Starboard e non podiamos deixar escapar a ocasión. E así o fixemos. A xente de Waira, coa colaboración de Silfo Surfcamp e o Concello de Malpica, organizaron unha xornada de surf, na que ademais puidemos probar a gama de paddle-surf Prol Starboard, así como as novas táboas de surf da marca.

Ler máis...
 
Sesión de Paddle na Ladeira [VIDEO]
Xoves, 03 Novembro 2011 13:00

Velaquí tes un bonito vídeo de paddle surf con Pedro Novalbos e Guille na praia da Ladeira no Concello de Baiona. Esta praia non é un spot surfeiro pero como podedes ver no vídeo o paddle surf abre novas portas e posibilidades a surfar praias con ondas pequerrechas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 2

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: