FGS
|
Xoves, 25 Febreiro 2021 15:49 |

A Federación Galega de Surf, segundo o acordado na primeira asemblea do ano, convoca os postos de:
- Seleccionador/a galego/a (2 postos)
- Director/a técnico/a (1 posto)
As persoas interesadas deben enviar o seu CV a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
. Estes CV serán valorados por un Comité de Selección. O prazo para entregar os CV vence o xoves 4 de marzo de 2021. 
|
Campionatos
|
Mércores, 24 Febreiro 2021 19:51 |
Nova entrega do Canal do Chumbo con imaxes da viaxe dende Brasil ata Galicia pra competir no Desafío Illa Pancha xunto con un gran equipo, Ian Cosenza, Michelle Des Bouillons, Eric Rebiere & Alemão de Maresias. |
FGS
|
Mércores, 17 Febreiro 2021 11:38 |
Dende a Federación Galega de Surf estamos en contacto coa Secretaría Xeral para o Deporte no que respecta ao tratamento das novas limitacións que atinguen ao noso deporte. Polo momento, trala publicación do Decreto 26/2021, do 15 de febreiro e a Orde que o desenvolve, podemos facer as seguintes consideracións:
Os deportistas, como calquera outra persoa, deberán ter en conta que recoméndase limitar a mobilidade ao máximo posible e que recoméndase restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados únicamente a unha única unidade de convivencia.
A práctica do Surf non federado poderá realizarse ao aire libre, de forma individual ou con personas conviventes. Se fora preciso, as persoas con discapacidad poderán realizar a práctica con guía ou cunha persoa de apoio. En todo caso, a práctica da actividade física ou deportiva realizarse respectando os límites perimetrais e de horario nocturno establecidos.
|
Ler máis...
|
Sesións de Surf
|
Domingo, 14 Febreiro 2021 12:36 |
Sesión de surf na praia de Prado con ondas pequenas e sen vento gravado dende o aire grazas ao traballo de Jager Zaaas.
|
Campionatos
|
Mércores, 03 Febreiro 2021 12:36 |
Ribadeo viviu onte a segunda edición do Illa Pancha Challenge que contou novamenteo co apoio da Deputación de Lugo. Coa chegada da borrasca Justine, destacados surfeiros internacionais achegáronse á Mariña Lucense, grazas ao traballo de Eric Rebiere e After Surf, pra competir pola mellor onda do día nun evento de formato aberto este ano no Panchorro. |
Ler máis...
|
Campionatos
|
Martes, 02 Febreiro 2021 13:43 |
O Illa Pancha Challenge é sen dúbida o evento de surf máis desafiante que se realizou en Europa ata o momento. A onda alcanza facilmente os 18 metros de altura, que debido aos seus fondos de lastras, provoca un tubo só antes visto en Hawai ou Australia.
O surfeiro profesional Eric Rebiere lidera este evento para conseguir traer aos mellores surfeiros de ondas xigantes do mundo como Lucas Chumbo e Andrew Cotton. O formato do campionato deste ano é unha sesión libre onde todos os surfeiros poden elixir as ondas que queiran de 11:00 da mañá a 4:00 da tarde.
|
Ler máis...
|
Entrevistas
|
Xoves, 28 Xaneiro 2021 19:16 |
Entrevista a Martina Álvarez feita por Diego Martínez de My Surf Coach na que falan da súa traxectoria deportiva e da actualidade o pasado mes de setembro.
|
FGS
|
Mércores, 27 Xaneiro 2021 16:14 |
Achego enlace ao DOGA e a comunicación do noso gabinete xurídico a modo de interpretación das medidas que serán vixentes dende hoxe ata o vindeiro 17 de febreiro.
Decreto 8/2021 e Orde o 26 de xaneiro de 2021
Dende a Federación Galega de Surf estamos en contacto coa Secretaría Xeral para o Deporte no que respecta ao tratamento das novas limitacións que atinguen ao noso deporte. Trala publicación do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro e a Orde que o desenvolve, podemos facer as seguintes consideracións:
- Quedan restrinxidas a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia considerados individualmente, polo que os deportistas non poderán desprazarse cambiando de Concello.
- No territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará condicionada aos constituidos exclusivamente por persoas conviventes, polo que a actividade de escolas de surf terá que verse suspendida.
- Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico.
- Os correspondentes adestramentos só poderán realizarse dentro do propio concello, ao aire libre de forma individual (con persoas conviventes) e coa utilización de máscara. A este respecto, dende a Secretaría Xeral para o deporte infórmannos de que no caso do Surf, lóxicamente non será necesaria a utilización de máscara dentro da auga, se ben cómpre aumentar a distancia de seguridade entre deportistas.
- Non se poderán realizar adestramentos pautados de nivel autonómico ou local entre persoas non conviventes.
- As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
- A eficacia das medidas previstas neste decreto comezará ás 00:00 horas do día 27 de xaneiro de 2021 e terminará ás 00:00 horas do día 17 de febreiro de 2021.
Seguiremos informándovos das novidades das que teñamos coñecemento.
Boas ondas! 
|
Sesións de Surf
|
Domingo, 03 Xaneiro 2021 12:49 |
Sesión de surf en Praia América, no Concello de Nigrán, con Rubén Carrera e gravada por Fernando de La Peña. |
FGS
|
Venres, 01 Xaneiro 2021 20:03 |

Despois de moitos anos esperando a Federación Galega de Surf estrea a súa nova web, unha web que pouco a pouco irá collendo máis forma. A partir do 1 de Xaneiro teredes activo o apartado FEDÉRATE, onde poderedes federarvos na categoría correspondente. E recibiredes, vía email o voso carnet federativo pouco despois de que completedes a vosa inscrición.
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 149 |