Surf
Sesións de Nadal con Sebas Bamonde
Surfeiros
Martes, 26 Decembro 2017 12:27

Novo vídeo de Sebas Bamonde gravado os días 24 e 25 de Dicembro de 2017 nas praias de Razo, Pantín e Doniños coa súa cámara Soloshot3.

 
Convocado o Keima Kontest 2017
Campionatos
Martes, 26 Decembro 2017 09:41

Keima Kontest surf

Hoxe comeza o periodo de espera para o evento anual en memoria de Julián Yáñez Silveira "Keima" (1971-2011) que se celebra todos os anos por estas datas no Pico de Patos. Deste xeito os seus amigos manteñen viva a súa lembranza surfeando nunha das súas ondas preferidas da nosa costa.

Ler máis...
 
Gony Z Series III
Campionatos
Domingo, 24 Decembro 2017 11:25

Xa está aquí o vídeo oficial do campionato de surf Gony Z Series III celebrado a pasada fin de semana na praia de Patos. Moito espectáculo na auga con grandes surfeiros chegados dende toda Galiza pra pasar unha xornada festiva na compaña de Gony e Jaji organizada por La Conservera del Surf.

Ler máis...
 
Norway Strike Mission con Gony e Marlon
Viaxes
Mércores, 20 Decembro 2017 11:01

Que fas cando a túa viaxe de surf a Noruega pinta moi mal primeiro día? Gony Zubizarreta e Marlon Lipke conduciron a través do país durante 17 horas a través das montañas para atopar a súa versión da perfección en auga fría.

 
Novas datas: Iº Waipia O'Grove Surf Pro - 29 e 30 de Decembro
Campionatos
Martes, 19 Decembro 2017 17:38

Waipia Surf Galicia

En base ao parte meteorolóxico para o próximo fin de semana, a organización do campionato decidiu abrir o período de espera á seguinte data proposta (29-30 decembro). O prazo de inscrición para os participantes queda aberto ata o vindeiro mércores 27 de decembro ata as 17:59, onde se enviará a todos os participantes o itinerario do evento. En caso de existir malas condicións de novo aprazarase ao seguinte e último fin de semana proposto (6-7 de xaneiro).

Ler máis...
 
Voltan os Papa Noeis surfeiros a Patos
Outras
Martes, 19 Decembro 2017 17:07


O vindeiro día 23 de Decembro ás 11:00 horas chegan os famosos Papa Noeis surfeiros á praia de Patos e como en anos anteriores tamén solidarios. Santa Claus non se despraza en trineo por estas latitudes, faino sobre a táboa de surf, máis por diversión que para poder carrexar os agasallos dos nenos. Van 11 edicións nas que celebramos o Nadal ao grande cos seus Papa Noeis surfeiros, que cambian o tradicional abrigo, por traxes de licra de cor vermella.

Ler máis...
 
Noraboa John John 2X World Champion!
Internacional
Martes, 19 Decembro 2017 11:01

John John Florence é o novo campión mundial de surf despois de meterse nas semifinais e grazas á derrota de Gabriel Medina na súa manga ante Jeremy Flores en cuartos. John John enfrontouse a Flores nunha final con poucas ondas pero dominada polos tubos na que Jeremy conseguiu a victoria.

Ler máis...
 
As mellores ondas da Ronda 3 no Pipe Masters
Internacional
Luns, 18 Decembro 2017 10:14

Xa podes ver o resumo oficial WSL coas mellores ondas da terceira xornada do Billabong Pipe Masters de 2017. Centos de espectadores puideron gozar dos mellores surfeiros do planeta en condicións esixentes e a loita polo título mundial.

Ler máis...
 
Curso de Estratexia en surfing - Kako García
FGS
Xoves, 07 Decembro 2017 11:39

Kako Garcia surf e bodyboard

Primeira edición deste curso no que un dos adestradores máis importantes a nivel nacional exporá o seu coñecemento en estratexia e adestramento de competición. Kako García impartirá formación sobre o adestramento para a competición, que demostrou e mellorou na súa traxectoria como adestrador en surfing. Este curso de formación desenvolverase en 2 xornadas, o venres 15 de decembro de 16.00h - 20.00h e sábado 16 de decembro de 10.00h - 14.00h + 16.00h - 20.00h. Un total de 12 horas.

Ler máis...
 
Día familiar con Kepa - La Conservera del Surf
Sesións de Surf
Martes, 05 Decembro 2017 16:56

Novo vídeo da escola 'La conservera del Surf' gozando dunha sesión de Outono xunto ao noso amigo Kepa Acero. Monitores e embaixadores como Nico Peña, Michi Gómez, Jaji Iglesias e Juan Jamardo compartindo ondas nalgún spot entre Vigo e Oporto

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 142

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: