Surf
Galería de Fotos do II Rufo's Tribute
Campionatos
Domingo, 24 Setembro 2017 21:11

Surf Coruña Rufos Tribute

Velaquí tedes as primeiras fotos do II Rufo's Tribute celebrado onte na praia do Orzán grazas a Quique Otero Seijo que estivo presente nesta homenaxe aos pioneiros do surf na cidade da Coruña. Moita asistencia de surfeiros e pranchas antigas na area, música, amizade moi bo ambiente nun evento diferente e especial grazas á excente organización de Lobos de Mar Surf Club.

Ler máis...
 
Non te perdas o Rufo's Tribute este sábado na Coruña
Outras
Xoves, 21 Setembro 2017 19:42

Xa está todo preparado pra a segunda edición do Rufo's Tribute no Matadero da Coruña este sábado 23 de Setembro. Nestes intres están confirmados 31 participantes con 12 Rufos. Todavía estás a tempo de participar xa que as inscricións permanecen abertas ata o venres ata ás 22:00 horas. Debaixo tedes o programa do evento:


Ler máis...
 
XIX Luso Galaico 2017 - 23 e 24 de Setembro
Campionatos
Xoves, 21 Setembro 2017 08:59

Luso Galaico Surf 2017G

De novo o Surf Clube Viana presenta o XIX Luso Galaico, un clásico campionato entre surfeiros galegos e portugueses e que este ano terá lugar nos vindeiros días 23 e 24 de setembro na Praia de Arda en Afife, Viana do Castelo. O Luso Galaico é organizado polo Surf Clube de Viana dende 1998, e estivo sempre asociado a momentos marcantes do Noroeste Peninsular, como foron: o Prestige "Nunca Máis", o Dia da Marinha Portuguesa , os 750 anos da Cidade, as Initiatives Océanes da Surfrider Foundation, Dia Europeu do Mar, etc.. e é un dos máis antigos eventos de surf da Península Ibérica.

Ler máis...
 
Pantín - Circuíto Galego de Surf 2017
Circuito Galego
Xoves, 21 Setembro 2017 08:51

Vídeo oficial da FGS co resumo do acontecido na praia de Pantín na proba do Circuíto Galego de Surf 2017 con ondas dun metro e con series máis grandes e algo tocado de vento.

 
Training in Pantín - Noe Mar McGonagle
Surfeiros
Martes, 19 Setembro 2017 15:42

Unhas ondiñas de Noe Mar McGonagle, surfeiro profesional de Costa Rica, na praia de Pantín...

 
Os Patos surfean de Noite 2017
Outras
Xoves, 14 Setembro 2017 09:15

Surf Nocturno 2017, vídeo do evento nocturno do Verán. Grazas a Patos Surf Escola e a Novalbos Wave Company pola organización desta xornada e contar con Iron Mountain Surfboards e Designs MRivas. Outra noite de éxito dun evento que non para de crecer dende os seus comezos.

 
Northern Road Trip - Natxo González
Viaxes
Venres, 08 Setembro 2017 17:10

Novo vídeo de Jon Aspuru e Natxo González coas mellores ondas e imaxes dunha viaxe pola nosa costa na súa furgoneta.

 
Última hora Rufo's Tribute cambia de data!
Sesións de Surf
Mércores, 06 Setembro 2017 17:18

Rufos Tribute surf Coruña

Acabamos de recibir un aviso da organización do II Rufo's Tribute no que nos comunican o cambio de data do evento por mor da elevada probabilidade de choiva. Agora ábrese un período de espera ata o sábado 21 de Outiubro como data límite. Realizarase o primeiro sábado con condicións favorables e como preferente o día 23/9.

Ler máis...
 
Profile Pedro Suárez - Patos Surf
Surfeiros
Martes, 05 Setembro 2017 09:08

Pedro Suárez é un xoven surfeiro de 14 años que aprendeu a surfear coa xente do Patos Surf Clube e pouco a pouco vai mellorando o seu surf como podedes ver neste novo vídeo profile feito por Keko Vilán.

 
Aviso de inscrición no II Rufo's Tribute
Sesións de Surf
Luns, 04 Setembro 2017 19:49

Aviso a tod@s os que queirades participar na sesión de surf con táboas Rufo's: debedes mandar un e-mail cos vosos datos e un par de fotos da táboa coa que ides acudir. Acéptase calquera táboa orixinal fabricada antes de 1985. A inscrición é gratuíta.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 142

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: