Outras
|
Mércores, 08 Xullo 2009 15:50 |
Dúas novas pranchas e as súas fundas Tribord foron roubadas na praia de Frexulfe preto de Navia en Asturias. O roubo produciuse sobre as 22:00 horas da noite do sábado 4 de xullo. As dúas táboas son moi singulares e serán facilmente reconocibles por calquera persoa. Os ladróns sabían o que se facían, porque seleccionaron as pranchas da baca da furgoneta. Se alguén coñece o seu paradoiro pode escribir a [
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
] ou chamar ao teléfono 669598563.

|
Ler máis...
|
Surfeiros
|
Martes, 07 Xullo 2009 19:23 |
Eiquí tedes o video profile dun das xóvenes promesas do surf galego, Marcos Heinrich. Neste video tamén aparece o surfeiro Dwarf8.
|
Ler máis...
|
Outras
|
Martes, 07 Xullo 2009 10:22 |
Segundo informa a revista Baobab de deportes extremos, este sábado 11 de xullo as 22:00 da noite, vaise presentar o novo video de Kelly Slater chamado Cloud 9. Este evento é gratuito e farase nas instalacións do Raz SurfCamps na praia de Razo nº 39, Carballo.

|
Outras
|
Luns, 06 Xullo 2009 17:14 |

Comunicado do Diario de Jandriño: "O motivo desta entrada do blog é comunicarvos que este domingo día 19 de Xullo ás 20:30 na praia de Campelo, vaise celebrar unha homenaxe ao noso surfeiro finado Juanma. Vaise ler unha carta dedicatoria e proxectar un video de lembranze e farase unha ofrenda floral nas ondas da praia. Espero contar con todos os que vos poidades acercar á praiai. Por favor pasade esta mensaxe a todo aquel que o coñeceu. Graciñas." |
Campionatos
|
Luns, 06 Xullo 2009 16:50 |
Este luns empezou o Boundi Pro na praia de Amado en Portugal e valedero para o circuito Pro Junior europeo organizado pola ASP e segundo informan dende o blog do Océano Surf Clube nesta proba, invitada poa Federación Galega de Surf, vai participar a surfeira Flavia Braña, pertencente a este clube e actual campiona galega junior. Xunto a ela viaxarán a Portugal os galegos Rafa Dopico, Lalo Diez y Erika Franco.

Flavia Braña
|
Ler máis...
|
Campionatos
|
Luns, 06 Xullo 2009 12:37 |
Eiquí tedes o novo video de Jansolo. Atentos ao 360 de Wasi ao remate do video, é de coleccion e ao lanzamento de xabalina que fai Esteban coa súa prancha. Tamén comentar que os arroces foron filmados en Campelo pero ese mesmo día.
|
Ler máis...
|
Outras
|
Luns, 06 Xullo 2009 12:26 |

Oeste diversifícase e amplía un pouco máis o seu horizonte, e esta vez faino pondo en funcionamento A Editorial do Oeste, a mellor maneira que atopan de dar xeito a pequenos proxectos baseados na produción propia e na colaboración de todos os que pasan por aquí. Oeste acaba de publicar o seu primeiro libro A Lanzada 09.
|
Ler máis...
|
Outras
|
Venres, 03 Xullo 2009 11:01 |
Damos a benvida oficial ao CLUBE DE SURF e BODYBOARD "ABST COBAS" que en breves pasarán a formar parte da Fgsurf e xa están en negociacións para achegar aos seus socios toda unha serie de vantaxes. Merecerá a pena facerse do club, iso asegurámosvolo desde xa.!!
De momento queremos saber quen está interesado en facerse socio e para iso necesitamos que enviedes un mail co voso nome para crear unha primeira listaxe coa xente interesada en plan base de datos. O enderezo electrónico é:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

|
Ler máis...
|
Outras
|
Venres, 03 Xullo 2009 10:47 |
Apresetamos o novo video do C.A.R. Centro de Alto Rendimento de Surf de Viana do Castelo. Neste video tedes imaxes da entrega de premios do Campionato Luso-Galaico 2009.
|
Ler máis...
|
Outras
|
Venres, 03 Xullo 2009 10:23 |
No blog Good life with a Good vibes publicaron unhas fotos dun baño en Pantín estes días. Como todos sabedes levamos moitos días sen ondas e este pode ser un dos mellores baños en centos de kilómetros arredor. Afortunados os que estiveron na auga.

|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 Seguinte > Final >>
|
Páxina 141 de 152 |