Outras
|
Martes, 23 Xuño 2009 17:33 |
Este domingo 21 de xuño celebrouse na praia de Patos o día internacional do Surf. Durante este día centenares de surfeiros do mundo presentaron ao público, a cultura e o deporte do Surf a través de diferentes actividades completamente gratuítas, compartindo valores de convivencia e respecto polo medio ambiente.
Son xa 6 anos desde que comezou esta iniciativa que ten como fin a promoción do surf a nivel mundial, nela participaron conxuntamente 31 países, con máis de 3.000 actividades e aproximadamente 30.000 participantes. |
Ler máis...
|
Circuito Galego
|
Martes, 23 Xuño 2009 11:40 |
(APRAZADA) A fin de semana do 27 e 28 de Xuño terá lugar a segunda proba do Circuito Galego Caixa Galicia de categoría Xuvenil. As inscripcións xa están abertas, o número de inscritos limitaráse os 140 primeiros. Lembra que o xoves as 13 horas é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa! |
Ler máis...
|
Surfeiros
|
Martes, 23 Xuño 2009 09:33 |
Xa está na rede a nova web de Golfiño Surf School de Pipo Domínguez. Na web podedes mirar os prezos dos cursos, as tarifas do surfcamp e os datos de contacto.
Esta nova escola ten a súa base na cidade do Lerez e tamén esta a facer un bo papel nas probas do circuito galego 2009 e no derradeiro campionato Luso-Galaico 2009. Máis info: http://www.golfinosurfschool.com/contacto.php |
Campionatos
|
Venres, 19 Xuño 2009 17:08 |
Dende o blog de Jahgo e o Surf chegan estas fotos dunha boa sesión na catedral do surfe galego na praia de Pantín o mércores pasado. Algo de xente na auga pero ondas dabondo para todo o mundo. Eiquí tedes 4 fotos pero no seu blog hai bastantes máis. O line up de Pantín |
Ler máis...
|
Outras
|
Xoves, 18 Xuño 2009 09:48 |
O vindeiro domingo día 21 de Xuño celébrase en todo o mundo o Surfing-Day. Concíbese como unha xornada na que compartir e facer descubrir a todos a cultura do surf nun ambiente de festa. O PRADO SURF CLUBE preparou unha serie de actividades especiais que se desenvolverán na Praia de Patos (Nigrán): -Campionato Local para federados por Prado Surf Clube.
-Bautismo de Iniciación gratuíto. O Campionato Local realizarase a dobre pico durante toda a mañá de 10.00 a 15.00 horas con premios para todos os finalistas. Ao mediodía convidaremos a todos os inscritos a unha parrillada. é importante destacar que a este evento só poderán inscribirse persoas que estean federadas por Prado Surf Clube. |
Ler máis...
|
Outras
|
Xoves, 18 Xuño 2009 09:36 |
Eiquí tedes un novo artigo de Antón Bruquetas publicado sobre o estado do surf galego e a súa evolución.
Un deporte en expansión Cada día somos máis os galegos que penetramos no mar para gozar do pracer que proporciona surfear unha onda e todo indica que a tendencia non vai parar. Este feito axudou a romper o estereotipo que no pasado formouse ao redor da figura do surfeiro, para moitos, sinónimo de folgazán. Agora na auga convivimos desde obreiros até enxeñeiros, e mesmo algún xornalista. Todos formamos un grupo heteroxéneo unido por unha paixón común: o océano. Doutra banda, este auxe tamén provocou que a imaxe idílica dun baño solitario ás tres da tarde pertenza xa ao pasado. |
Ler máis...
|
Outras
|
Mércores, 17 Xuño 2009 09:51 |
Eugenio Prados acaba de publicar unhas novas fotos de surfing en Ferrolterra. Fotos de boa calidade con uns poucos afortunados na auga. Tedes todas as fotos no seu blog. |
Ler máis...
|
Campionatos
|
Mércores, 17 Xuño 2009 09:45 |
Luís Rodríguez, un dos surfeiros máis destacados de Galicia, analiza quen poden ser os favoritos para levar o circuíto deste ano e as súas principais características como competidores. Pipo, Mil, Victor Iván, Occy, Jaji, Guasi e Santi son analizados por Luís. Pipo Domínguez: “Ten moitísima calidade en ondas pequenas e é tremendamente competitivo”. Milo Castelo: “O Kelly Slater galego. Pasan xeracións e el segue ao pé do canón. Se está motivado e concentrado, probablemente é o mellor. Sen dúbida, o máis regular”. |
Ler máis...
|
Outras
|
Luns, 15 Xuño 2009 11:32 |
Os dias 26, 27 e 28 de XUñO asistiremos ao primeiro Curso Presencial de Monitores Nacionais de SUP Nivel 1 que se celebra en Galicia. Modalidade redescuberta dentro do mundo do surfing, toda unha nova experiencia para adestradores, monitores e surfeiros en xeral que descubrirán a experiencia do SUP para transmitilo aos seus alumnos. |
Ler máis...
|
Outras
|
Domingo, 14 Xuño 2009 22:11 |
BuenasOlas.com - Dentro do Surfilm Festibal xa tivo lugar o Concurso Exposición de Fotos de Tow in de Mikel Agote e Ibon Amatriain. As fotos tomadas da onda galega de tow-in por excelencia Illa Pancha foron as vencedoras deste concurso. Eiquí tedes unhas cantas e podedes ver todas no artigo orixinal: 1º Premio Ibón Amatriain en Illa Pancha o 19 de decembro do 2008. |
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 Seguinte > Final >>
|
Páxina 142 de 152 |