Surf
PhotoSurf estrea novo formato na Rede!
Outras
Luns, 29 Decembro 2008 13:53

O blog de fotografía surfeira PHOTOSURF estrea unha nova imaxe en internet. Neste blog podes atopar fotos de surf, bodyboard, windsurfing, kitesurfing e outras modalidades de deportes mariños realizadas principalmente nas Rías Baixas.

Podes visitalo premendo nesta ligazón ou na imaxe da esquerda.

 

 
Festa de Nadal en Patos!
Campionatos
Xoves, 25 Decembro 2008 19:53

Un ano máis, e xa van catro, os Patos Surf Club celebrou o Nadal ao grande cos seus Papa Noeles surferos. Máis de 50 surfeiros do Club Patos reuníronse o 24 de decembro para celebrar xuntos o nadal. As ondas e o sol acompañaron polo que puideron gozar ao máximo.

Ler máis...
 
Boa sesión en Cantos!
Outras
Mércores, 24 Decembro 2008 11:48
 
Dende o blog de Jahgo chegan estas fotos de Cantos. Un dos spots máis potentes e solitarios da nosa costa que soamente a xente brava da costa sul galega acostuma a surfear. Esta onda non é para principiantes e precisades entrar na auga con algún local pra vosa maior seguridade. Se tedes un casco non dubidedes en empregalo!
Ler máis...
 
Boas festas e boas ondas no 2009!
Outras
Martes, 23 Decembro 2008 00:56

 

 

Dende que comezamos este novo proxecto informativo a principios de setembro SurfGZ.com leva máis de 3.100 visitas e 13.200 páxinas visitadas e por iso queremos rematar este ano dando as gracias a toda a xente que pasou algún intre pola web e adicou algo de tempo a pulular polos contidos de SurfGZ.

Ler máis...
 
Pipo Dominguez, novo campión galego!
Surfeiros
Venres, 19 Decembro 2008 14:41

Segundo a información publicada no blog de Tanaka, Pipo Dominguez é o novo campión galego de Surf.

Parabéns Mr. Pipo!

 
Ler máis...
 
Festa do Nadal en Patos!
Outras
Venres, 19 Decembro 2008 14:29

O vindeiro día 24 de decembro a partires das 11:00 preparaivos pra recibi-lo Nadal surfeando na praia de Patos. Como cada ano o Patos Surf Clube organiza o seu principal evento navideño surfeando vestidos todos de Papa Noël. Tamén haberá uns aperitivos navideños para recobrar forzas.

 
Ler máis...
 
Patos Surf Clube "Mellor Clube Galego 2008"
Outras
Martes, 16 Decembro 2008 14:23

O pasado sábado 13 de decembro de 2008 celebrouse na sede da Federación Galega de Surf a Gala do deporte galego onde foille entregado ao Patos Surf clube o galardón como Mellor Clube Galego do ano 2008.

Na páxina web do Clube podes atopar info sobre as súas actividades e tamén no seu novo blog

http://patosurfclub.blogspot.com/

Noraboa dende SurfGZ!

 
Flavia Braña arrasa na Gala de Surf Galego!
Surfeiros
Martes, 16 Decembro 2008 11:38

Esta pasada fin de semana (13 de decembro) celebrouse en Vigo a gala do surf galego 2008. A surfeira de só 16 anos, Flavia Braña Arrondo, natural de Vigo e residente en Ferrolterra,foi premiada cos seguintes trofeos:

- Subcampiona Galega Open 2008

- Campiona Circuíto Galego Xuvenil

- Subcampiona Circuíto Galego Open

Ler máis...
 
Mr. Canning e os tubos de Ferrol!
Surfeiros
Martes, 09 Decembro 2008 18:37

Dende o blog de Occy chegan novas fotos das ondas de Ferrolterra e un dos surfers máis potentes da nosa terra, Paul Canning!

Ler máis...
 
Fortes críticas pra Federación Galega de Surf
Campionatos
Mércores, 03 Decembro 2008 11:16

Dende o Oeste chegan fortes críticas pra FGS por mor da súa actuación da semana pasada ao convocar unha proba do circuito galego o mércores as 13:45, finalizar o prazo de inscripción o xoves ás 13:00 pra suspendela o sábado polas fortes condicións meteorolóxicas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 141 142 143 144 145 Seguinte > Final >>

Páxina 143 de 145

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: