Viaxes
|
Sábado, 16 Maio 2009 20:00 |
Eiquí tedes unha escolma de fotografías de miticos surfeiros vigueses o ano pasado nas augas de Indonesia. Or irmáns Alex e David Valladares, Mendiola, Fran da Iguana, Yago Andrés, Julián "Keima" e Nacho "THC" de Viveiro aparecen surfando boas ondas e de calidade. Tamén temos unhas fotos de diferentes peñas que pasaron polo barco de Vigo e Viveiro. Todas estas fotos foron sacadas pola xente do King Millenium. Nacho "Thc" de Viveiro - Indo 2008
|
Ler máis...
|
Outras
|
Sábado, 16 Maio 2009 19:50 |
O pasado venres 8 de maio o Patos Surf Clube impartiu unha das súas xa famosas "A túa primeira onda", cursos gratuítos de iniciación ao surf. Pero nesta ocasión tratábase de facer un acto de voluntariado por parte dos alumnos inscritos á actividade. Unha limpeza da praia de Patos despois de gozar dunha clase de surf.
Foi o propio centro do IES do Castro en Vigo o que expuxo desde un primeiro momento a actividade. |
Ler máis...
|
Campionatos
|
Sábado, 16 Maio 2009 19:44 |
Oeste - Este domingo 17 de Maio finaliza o período de espera para a celebración do Desafío Fontenla sen que as condicións para poder realizalo fosen boas.
Grazas a todos os patrocinadores e colaboradores pola súa participación neste proxecto. Ata a vindeira edición! |
Ler máis...
|
Outras
|
Venres, 15 Maio 2009 18:20 |
Os Tombos volvemos organizar unha limpeza na praia de Nemiña. Esta é a nosa forma de protestar por como vemo-las praias ali donde vamos, pois non so en Nemiña chegan desperdicios con cada marea. E quen mellor ca nos que estamos sempre en Nemiña para sabelo e tamen para limpala.
Todolos que queirades participar estades invitados,sempre seguindo as normas e consellos dos organizadores. Se queredes darlle publicidade volo agradeceremos. Seguiremos este horario: 10 da maña: Chegada á praia. 10:30 : Presentación e lectura das normas de seguridade. Repartir guantes e bolsas. 11:00 : Comezo da Limpeza. |
Ler máis...
|
Campionatos
|
Venres, 15 Maio 2009 10:44 |
 O Surf Clube de Viana vai realizar nos próximos dias 30 e 31 de Maio, mais uma edição do clássico LUSO GALAICO. A XII edição do LG homologada pela Federação Portuguesa de Surf e pela Federación Galega de Surf, irá contar com a presença dos melhores surfistas portugueses e da Região Autónoma da Galiza. Além da importante vertente competitiva que caracteriza este evento, vamos ter demonstrações luso galaicas de Downhill (organização Nortebikes) e de Kitesurf (organização João Fontainhas). No dia 30 de Maio, sábado, vamos celebrar o LG na discoteca New Look, na praia Norte. |
Ler máis...
|
Campionatos
|
Mércores, 13 Maio 2009 16:32 |
Pois xa temos na rede o númeo dous de SURFPOINT.es unha iniciativa de Jean Gama, fotógrafo brasileiro-galego afincado en Ferrol.
Desta vez temos unha reportaxe en Vilarrube, un especial de Pablo "Occy" Romero, Globe en Doniños, unha crónica do WQS Quicksilver Estoril e tamén bastante material de bodyboard. Pincha nesta ligazón pra ver o SurfPoint Nº2 |
Outras
|
Mércores, 13 Maio 2009 16:03 |
ABSTCOVAS trátase dun blog creado por xente que ten un especial agarimo ás praias de Cobas. Este blog colectivo comezou pola iniciativa principal de Oki, un drop-knee rider de Cobas. Ao ser tanta xente a que escribe no blog esta cheio de información actualizada.
Trátase dun grupo aberto, no que hai corcheiros, corcheiras, surfeiros e surfeiras e todo o que chegue é benvido.. Algúns dos que participan no blog actualmente son Brandán (surf), Sergio e Chinés (Body), Marta e Xabi (Body), Branca (Body), Osky (Surf) e Pable (body). |
Ler máis...
|
Campionatos
|
Martes, 12 Maio 2009 16:32 |
 Galicia Surf Camp busca monitores de surf. Requírese bo nivel de surf, experiencia dando clases teóricas e prácticas, capacidade de traballo en equipo e responsabilidade, pois temos a noso cargo alumnos desde os 12 anos. Se estás interesado/a e queres formar parte do noso equipo, envía o teu C.V. a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou contacta connosco no teléfono 699.45.34.60. Para máis información non te perdas a nosa web
|
Campionatos
|
Martes, 12 Maio 2009 03:43 |
Nova entrega de Jansolo dende o blog de Jandriño, desta vez os surfeiros son Luis (Monín), Pedro, Jorge Bruquetas e outros locais da zona. As ondas non son perfectas pero é un video ben xeitoso!
|
Ler máis...
|
Campionatos
|
Luns, 11 Maio 2009 18:02 |
Esta pasada fin de semana comezou o Circuíto Galego Junior de Surf e Bodyboard na praia de Patos en Nigran. O Clube Grosso inscribiu a un nutrido grupo de surfeiros de entre 11 e 18 anos que conseguiron facer un gran papel fronte ao resto de comeptidores da comunidade galega. |
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 Seguinte > Final >>
|
Páxina 144 de 152 |