Campionatos
|
Luns, 04 Maio 2009 19:06 |
Gony Zubizarreta finalizou a súa participación no O´Neill Coldwater Classic de Escocia na posicíón 37ª. Malia este resultado Gony continua forte na loita polo ascenso ao TOP 45 este ano. Thurso. Escocia |
Campionatos
|
Luns, 04 Maio 2009 09:50 |
Xa temos o calendario oficial da Federación Galega de Surf para o ano 2009. Este mes temos as probas de Patos e Os Castros en Surf e a proba do Faro de Lariño en Bodyboard. O campionato galego por clubes será en Soesto no mes de agosto. |
Ler máis...
|
Outras
|
Xoves, 30 Abril 2009 19:50 |

O Surftech Test Tour volve á Praia de Patos, o sábado 2 de maio o Clube de Surf Patos, Surftech e Novalbos convidámosvos a probar as novas táboas de epoxy de Surftech de forma totalmente gratuíta. Entre as táboas do test atópanse algúns modelos novos de TL2 así como táboas curtas , longboards e evolutivos de Tuflite. |
Ler máis...
|
Outras
|
Xoves, 30 Abril 2009 16:21 |
O novo Surf Center de Slash atóparase na praia de Razo, en Carballo (A Coruña) no campamento e escola de surf Artsurfcamp. Esta marca de renome no panorama de surf estatal bríndanos a oportunidade de proporcionarlle aos alumnos da escola unha amplia gama de formas de tablas e diferentes medidas para que proben e entendan a importancia de surfear cunha tabla ou outra dependendo do estado do mar. |
Ler máis...
|
Outras
|
Xoves, 30 Abril 2009 14:18 |
Eiquí tedes unhas fermosas fotos destes días sacadas por JuliánFotoSurf de xente surfando as ondas de Foxos e a Lanzada nas Rías Baixas coas novas pranchas de surf de pé. Os surfeiros son Milo Castelo (paddle branco) e Dani Rodríguez (paddle vermello). |
Ler máis...
|
Outras
|
Xoves, 30 Abril 2009 13:46 |
Jansolo apresenta un novo video no seu blog Diario de Jandriño, este video amosa unha cara diferente dunha onda moi coñecida e surfeada por todos nós. Música de Jack Johnson e fermosas ondas.
|
Ler máis...
|
Campionatos
|
Mércores, 29 Abril 2009 14:15 |
Boardculture - A pasada fin de semana o vigués Lalo Díez acadou a terceira posición na final Europea do Volcom's Totally Crustaceous Tour en Anglet na categoría infantil. Deste xeito o xoven surfeiro da praia de Prado confírmase como unha forte promesa do surf galego en competición. Dende eiquí queremos dar a noraboa a Lalo polo seu esplendido resultado. Lalo Díez no podio de Anglet (primeiro pola dereita)
|
Ler máis...
|
Outras
|
Mércores, 29 Abril 2009 13:39 |
Dende o Surf Report de Kike Aradas chegan estas fotos da finde pasada da praia de Malpica. Bastante xente na auga, sol e boas ondas. Afortunada a xente que estivo na auga. |
Ler máis...
|
Campionatos
|
Xoves, 23 Abril 2009 09:51 |
O noso representante galego no WQS 6* Quicksilver Estoril Pro 2009 vai pasando as súas eliminatorias demostrando o forte que está na auga e acaba de pasar da terceira ronda onde pelexou contra o francés Simon Marchand, o australiano Mark Mathews e o uruguaio Marco Giorgi. Gony xa está entre os 24 mellores e vai surfear na cuarta ronda contra Masatoshi Ohno (Xapón) e Madison Williams (Australia). Adiante Gony! Gony en acción!
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 Seguinte > Final >>
|
Páxina 145 de 152 |