Surf
Campionato Local na Lanzada o 7 de febreiro
Campionatos
Luns, 26 Xaneiro 2009 16:45

Este campionato local vaise celebrar o día 7 de febreiro as 10:00 h na Praia da Lazanda coas seguintes modalidades Surf Open, Longueirón Open e Bodyboard Open. O evento é organizado polo Rapas Corcho Clube, Oestesurf.com e Zorlak SurfBoards.

Ler máis...
 
Boa sesión este domingo en Ribeira
Outras
Luns, 26 Xaneiro 2009 13:40

Estes días de forte mare os spots máis protexidos son os que funcionan en mellores condicións. Chegannos estas fotos feitas no Barbanza dunha onda de moita calidade da man de Gitos, un local da zona, que disfrutou este domingo dunha boa sesión ao carón da súa casa.

Ler máis...
 
O noso fotógrafo fotografiado!
Surfeiros
Sábado, 24 Xaneiro 2009 18:13

Eiquí tedes unha foto dun dos mellores e máis activos surfeiros e fotógrafos galegos, Daniel Almeida. Esta foto tomouna Anahí e demostra que pra sacar boas fotos de surfing tes que ser bo surfeiro e saber vivir no mar.

Ler máis...
 
Reportaxe da Mariña en NaturalSurfing.com
Outras
Venres, 23 Xaneiro 2009 13:53

Recollemos un artigo publico en NaturalSurfing.com sobre unha expedición feita por eles estes días na costa na Mariña. Ficaron impresionados da calidade das ondas, da soidade das paixases e da boa comida. Seica o seu obxetivo era chegar ata a Machacona onde fotografiaron a Estitxu e outros locais un día de sol e condicións perfectas como podedes mirar nas fotos.

Ler máis...
 
Ondiñas veñen e van...
Campionatos
Venres, 23 Xaneiro 2009 12:37

Estes días veñen máis ondas directamente dende o Atlántico norte. É un bo momento pra sacar os noso pinchos, guns e longueiróns pra saír a mar aberto na procura deses picos que soamente rompen uns poucos días ao ano.

Esta imaxe é a previsión de ondas pra o domingo 25 as 12:00. Tedes toda a secuencia do que vai vir na páxina de Previsión de Ondas do Atlántico Norte

Boas Ondas!

 
Días de Maretón na Rede Galega
Outras
Mércores, 21 Xaneiro 2009 11:32

Estes días de forte vento e mar a blogoesfera surfeira galega non para de publicar fotos nos seus blogs das ondas que alcanzan praias e costa dun xeito impresionante.

Podedes mirar unha foto da praia da Lapa desfasada no blog dos mecos Ogrobesurfing.blogspot.com premendo nesta ligazón. No blog de Begofouz tedes unha boa galería fotográfica do Orzán desfasado.

Ler máis...
 
Galegos en Indonesia
Viaxes
Luns, 19 Xaneiro 2009 14:35

Dende o blog de Surf na Costa da Morte chegan estas imaxes da xente de Viveiro na augas de Indonesia o ano pasado. No artigo orixinal podedes ler a crónica da viaxe e da súa estancia no barco de King Millenium.

Ler máis...
 
Boas ondas toda esta semana!
Outras
Luns, 19 Xaneiro 2009 11:50

Confírmanse as boas previsións e esta vai ser unha boa semana de surf. O windguru da ondas de 8 a 10 metros para estes días! Na imaxe podedes var a previsión actual do FNMOC

 
Razo Power! by Dani Almeida
Outras
Luns, 12 Xaneiro 2009 11:28

 Dende o blog Surfing Life by Dani chegan estas impresionantes fotos dunha das mellores ondas da nosa costa e ben querida por moitos, do mesmo xeito que os bocatas de calamares que podes tomar no bar que leva o mesmo nome que un dos picos da praia. Grazas a Dani por compartir estas fotos! 

Ler máis...
 
Nova entrevista de Gony na TVG
Surfeiros
Sábado, 10 Xaneiro 2009 17:10

Dende o blog do Patos Surf Clube chega a nova de que este luns 12 de xaneiro retransmitirase no programa da TVG "Acompáñenos" unha entrevista a Gony Zubizarreta, un dos maiores expoñentes do surf galego.

 

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 141 142 143 144 145 146 147 148 149 Seguinte > Final >>

Páxina 146 de 149


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: