Campionatos
|
Xoves, 16 Outubro 2008 14:10 |
Os resultados da proba de surfing do XVIII Trofeo de Surf do Concello de Nigrán celebrado na praia de Patos foron os seguintes: |
Ler máis...
|
Surfeiros
|
Martes, 14 Outubro 2008 13:53 |
Unha verdadeira mágoa saber que Gony Zubizarreta está lesionado. Segundo a web de naturalsurfing.com sabemos que esta lesión produciuse durante a disputa do Nixon Challenge na cidade de San Sebastian de hai apenas un mes. |
Ler máis...
|
Campionatos
|
Martes, 07 Outubro 2008 13:06 |
 O Océano Surf Club saca á luz un libro no que intenta recoller os 20 primeiros anos do Pantín Classic. Un campionato consolidado, con soleira e un merecido prestixio a nivel europeo e ata mundial, gañado a pulso polo bo facer duns cantos visionarios, que creron nun soño e que souberon facelo realidade para o goce de Ferrol e a súa comarca. O libro comeza cunha cita do poeta xaponés Ryunosuke Satoro: Como individuos somos unha pinga de auga... xuntos formamos un océano. Reflicte o espírito de irmandade, amizade, de benvida e a familiaridad que sempre tivo o Pantín Classic e que non se perdeu conforme a proba gañou estrelas e fama mundial. |
Ler máis...
|
Circuito Galego
|
Martes, 30 Setembro 2008 13:25 |
O fin de semán do 4 e 5 de Outubro terá lugar a terceira proba do Circuito Galego Caixa Galicia de categoría Xuvenil. As inscripcións xa están abertas. Lembra que o xoves 2 as 13 horas é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa! |
Ler máis...
|
Surfeiros
|
Luns, 29 Setembro 2008 17:19 |
Espectacular foto de Gony na portada da revista Natural Surfing. Voando e sen agarrar cantos. Adiante Gony! |
Campionatos
|
Venres, 26 Setembro 2008 19:42 |
O Patos Surf Club organiza nas ondas da Praia de Patos a última proba do Circuito de Surf Galego. Despois de 17 edicións este Campionato converteuse nunha referencia dentro do mundo do Surf a nivel nacional e para os sufistas galegos é a cita obrigada do inverno nas Rías Baixas. Desde o primeiro campionato que se celebro en xaneiro de 1990 esta vai ser a primeira vez que se fai só de Surf, o bodyboard tamén terá o seu campionato pero en novembro e nunha onda chamada F3, que se atopa situada nun reef de Mougas no concello de Santa Maria de Oia. |
Ler máis...
|
Campionatos
|
Mércores, 17 Setembro 2008 23:59 |
Lamentamos comunicarvos que unha vez consultada a previsión meteorolóxica, vémonos obrigados a aprazar a proba prevista para este fin de semana en Os Castros (Ribadeo) dado que todas as previsións apuntan a que non haberá as condicións necesarias para a práctica do surf. A nova data prevista está por determinar. As personas que xa fixeran o ingreso e enviaran a súa inscripción, quedan xa inscritas automáticamente para a nova data. No caso de que non puideran participar deberán comunicarllo a FGS. |
Campionatos
|
Martes, 16 Setembro 2008 19:48 |
As estatísticas arroxaron que máis de 23.000 usuarios conectáronse ao live do Pantín Classic. Con esta noticia confírmase o rotundo éxito da retransmisión vía Internet, que a organización se expón mellorar o próximo ano, dotando ao live de máis cámararas e mesmo repeticións das ondas e entrevistas.
|
Surfeiros
|
Martes, 16 Setembro 2008 19:34 |
 O campión de surf Pablo Solar, estivo o 6 e 7 de Setembro nas infraestruturas do Artsurfcamp na Praia de Razo. Pablo é un dos mellores profesionais que ten o surf e compite habitualmente nas competicións internacionais. A súa visita consistía en dar unhas clases de surf aos alumnos de Art surfcamp e compartir con eles a súa dilatada experiencia que adquiriu desde os seus comezos. Como o ben dicía xa leva máis de25 anos dedicados enteiramente ao surf e tan só ten 34. Quen mellor que el para ensinar todo o necesario para perfeccionarse nun deporte tan complexo e arriscado como o surfing.
|
Ler máis...
|
Circuito Galego
|
Venres, 12 Setembro 2008 10:03 |
O fin de semán do 20 e 21 de Setembro terá lugar a terceira proba do Circuito Galego Caixa Galicia de categoría Open Surf e Longboard. As inscripcións xa están abertas. Lembra que o xoves 18 as 13 horas é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa! 
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 141 142 143 144 145 146 147 148 Seguinte > Final >>
|
Páxina 148 de 148 |