Surfeiros
|
Martes, 26 Agosto 2008 15:02 |
A praia de Esteiro, en Xove, é unha das preferidas polos surfeiros da comarca e doutros puntos de España, que veñen ata alí para practicar este deporte.
O viveirense Juan José Fernández Miranda, de 33 anos, acode con frecuencia a buscar a onda deste areal, pero o venres pasado, mentres cabalgaba sobre o mar, o que se atopou foi con catro bañistas en apretos. Eran de Sarria. Cóntanos que estaba surfeando na auga cando os oíu gritar pedindo socorro. Foi achegándose a eles (calcula que estaban a uns cen metros da beira) e ao chegarse atopouse con que un non sabían case nadar e que o mar seguía arrastrándoos. «Ou primeiro que fixen ó chegar alí foi agarrar ó que estaba máis gordiño e subilo á táboa. Logo mandei á terra en body a unha dás rapazas e á outra deixeina agarrada na táboa. Nese momento dixéronme que había outro non fondo; entón xa me tirei por el _estaba mal, con ollos brancos e babeando, debía ter aga espesa non corpo_ engancheino polos brazos, subino e ateino á táboa para teo máis seguro. Ó outro mandeille agarrarse tamén e pouco a pouco funos achegando á beira», explicou. |
Ler máis...
|
Campionatos
|
Martes, 26 Agosto 2008 14:43 |
O maior evento do surfing galego vai ter lugar na praia de Valdoviño do día 2 ao 7 de Setembro. Este acto organizado polo Oceano Surf Clube de Ferrol ten 5 estrelas no WQS, as series de calificación mundial que dan o pase ao campionato mundial WCT o vindeiro ano. Dende surfGZ desexámoslles boas ondas e un bo campionato!
|
Circuito Galego
|
Domingo, 24 Agosto 2008 16:50 |
Lamentamos comunicarvos que unha vez consultada a previsión meteorolóxica, vémonos obrigados a aprazar a proba prevista para este fin de semana en Os Castros (Ribadeo) dado que todas as previsións apuntan a que non haberá as condicións necesarias para a práctica do surf. A nova data prevista para este evento é 20 e 21 de setembro. |
Ler máis...
|
Circuito Galego
|
Sábado, 16 Agosto 2008 17:53 |
Xa hai datas do Circuito Galego Caixa Galicia 2008, un circuito con moitas novidades, a máis importante é que está formado polo Circuito Galego de Surf Open, o Circuito Galego de Bodyboard Open e polo Circuito Galego Caixa Galicia infantil e xuvenil, todos eles en categorías masculino e feminino. Os campionatos open contarán cun sistema informático de puntuación e os campionatos serán de 1 a 3 estrelas, con puntuacións diferentes; ademáis dun deseño único de trofeo para os campións, probas en novas praias e premios en metálico o remate do Circuito. Inscriccións gratuitas para equipos de clubes no circuito infantil e xuvenil. |
Ler máis...
|
Surfeiros
|
Domingo, 22 Xuño 2008 09:31 |
GZ (Gony Zubizarreta) continúa facendo historia e levando o surf galego ao máis alto nivel internacional. Segundo informábanos hoxe luns o noso patrocinador e colaborador oficial Island Style, Gony acaba de conseguir dous 9º postos consecutivos no WQS 6 estrelas de Xapón e no 5 estrelas de Inglaterra afianzando así a súa mellor tempada ata a data e o que é, por suposto, a mellor tempada xamais realizada por un surfista galego. A día de hoxe Gony ocupa o posto nº 30 do ranquing WQS mundial, con 7650 puntos e a moi poucos puntos dos seus rivais máis próximos, o que nos permite soñar con verlle a final de ano clasificado para o WCT, onde só compiten os 44 mellores surfistas do planeta. |
Ler máis...
|
|
<< Inicio < Anterior 141 142 143 144 145 146 147 148 149 Seguinte > Final >>
|
Páxina 149 de 149 |