Sesións de Surf
|
Luns, 01 Novembro 2021 18:30 |
Paseando pola praia de Riazor, Orzan e Matadoiro da cidade da Coruña, case todos os díasos surfeiros deléitannos coa súa valentía e as súas ganas de cabalgar e surfear as ondas atlánticas desta zona do litoral. Os meus respectos e a miña admiración por demostrarnos que o mar non só é para os peixes. Vídeo e texto de Ernesto Mosquera.
|
Sesións de Surf
|
Martes, 26 Outubro 2021 07:57 |
Xa falta menos pra recibir o inverno e con este vídeo de Maryam Portabales xa podes ver as primeiras ondas que chegan a recunchos protexidos nas Rías Baixas.
|
Campionatos
|
Martes, 28 Setembro 2021 17:34 |
Velaquí tedes unha primera reportaxe do Campionato de España de Surf Adaptado 2021que tivo lugar a pasada semana na praia de Patos, no Concello de Nigrán, nas Rías Baixas.
|
Campionatos
|
Xoves, 09 Setembro 2021 13:59 |
O primeiro día de competición do Campionato de España por Equipos Autonómicos foi unha posta en escena do bo ambiente que reina no surf. Ata 8 comunidades autónomas déronse cita en Valdoviño. Galicia, a actual campioa, Asturias, Cantabria, Cataluña, Murcia, Andalucía e Melilla presentaron as súas candidaturas para levar o máximo galardón como equipo de surf en España. |
Ler máis...
|
Campionatos
|
Xoves, 09 Setembro 2021 13:33 |

Os próximos días 22 ao 26 de setembro o surf adaptado volve á primeira plana. A localidade galega de Nigrán acollerá o Evento de Surf Adaptado na praia de Patos, no que se celebrará o Campionato Galego e o Campionato de España desta modalidade. Tamén haberá unha proba internacional Open que contará con surfeiros de diferentes nacionalidades. |
Ler máis...
|
Sesións de Surf
|
Domingo, 29 Agosto 2021 11:36 |
Sesión de surf grabada con GoPro con Jarzo a mediados de mes na Praia de Razo.
|
Campionatos
|
Mércores, 25 Agosto 2021 17:36 |

O Surf Clube de Viana vén por este medio dar coñecemento do XXII LUSO GALAICO - clásico campionato entre surfistas galegos e portugueses - que terá lugar os días 28 e 29 de Agosto, na praia da Arda "Mariana", Afife, Viana do Castelo.
|
Ler máis...
|
Outras
|
Sábado, 21 Agosto 2021 16:33 |

Comunicado do Concello da Laracha o pasado día 16 de Agosto. O Concello prohibirá a práctica do surf na praia de Caión na temporada de verán durante as horas de maior aglomeración de persoas. A medida será efectiva xa desde hoxe.
A decisión tómase coa finalidade de garantir a seguridade e despois de que se detectase a afluencia dun importante volume de surfistas en hora punta e con marea alta –cando a superficie do areal se reduce en gran medida-, o que derivou en situacións de risco e perigo para os bañistas que compartían espazo con eles.
O Concello informará desta circunstancia colocando cartelería nos accesos ao areal, advertindo tamén de que vulnerar as instrucións a requirimento verbal dos axentes da autoridade ou do persoal de salvamento e socorrismo suporá o abandono inmediato da zona sen prexuízo da imposición das sancións previstas na ordenanza municipal de promoción das condutas cívicas e protección dos espazos públicos.
A práctica do surf continuará permitíndose tanto de maneira regulada (a través das escolas) como libre durante as horas restantes do día.

|
Sesións de Surf
|
Mércores, 18 Agosto 2021 18:38 |
Boas ondas con Eric Rebiere estreando a súa nova fish feita por Bugarski Surfboards na praia de Bastiagueiro.
|
Sesións de Surf
|
Luns, 16 Agosto 2021 08:44 |
Un pouco de surfing con @Ansesurf e @Lawtips dende a praia de Campelo coas novas Honey Surgarbag un día de condicións pequenas pero perfectas. Disfrutade con este novo vídeo feito con moitas ganas e con bos consellos. |
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 3 de 152 |