Surf Campionatos
Campionato de España por Comunidades 2021
Xoves, 09 Setembro 2021 13:59

O primeiro día de competición do Campionato de España por Equipos Autonómicos foi unha posta en escena do bo ambiente que reina no surf. Ata 8 comunidades autónomas déronse cita en Valdoviño. Galicia, a actual campioa, Asturias, Cantabria, Cataluña, Murcia, Andalucía e Melilla presentaron as súas candidaturas para levar o máximo galardón como equipo de surf en España.

Ler máis...
 
O Surf Adaptado competirá en Nigrán
Xoves, 09 Setembro 2021 13:33


Os próximos días 22 ao 26 de setembro o surf adaptado volve á primeira plana. A localidade galega de Nigrán acollerá o Evento de Surf Adaptado na praia de Patos, no que se celebrará o Campionato Galego e o Campionato de España desta modalidade. Tamén haberá unha proba internacional Open que contará con surfeiros de diferentes nacionalidades.

Ler máis...
 
Convocado o XXII Luso Galaico na praia da Arda
Mércores, 25 Agosto 2021 17:36


O Surf Clube de Viana vén por este medio dar coñecemento do XXII LUSO GALAICO - clásico campionato entre surfistas galegos e portugueses - que terá lugar os días 28 e 29 de Agosto, na praia da Arda "Mariana", Afife, Viana do Castelo.

Ler máis...
 
Convocado o Campionato de España de Surfing en Valdoviño
Xoves, 29 Xullo 2021 10:07

A Federación Española de Surfing xa ten abertas as inscripcións para un dos campeonatos nacionais mais esperados do ano. O Campionato de España de Surfing 2021 vai ter lugar na praia da Frouxeira os días 30 de Agosto ata o 5 de Setembro en Valdoviño.

 
Convocados os Triais Galegos Pro Junior Surf
Martes, 20 Xullo 2021 12:29

Convocados os Triais Galegos Pro Junior Surf na praia de Doniños, no Concello de Ferrol, con catro Wildcards (2 feminino e 2 masculino) para o evento principal.

Ler máis...
 
Illa Pancha Challenge - Canal do Chumbo
Mércores, 24 Febreiro 2021 19:51

Nova entrega do Canal do Chumbo con imaxes da viaxe dende Brasil ata Galicia pra competir no Desafío Illa Pancha xunto con un gran equipo, Ian Cosenza, Michelle Des Bouillons, Eric Rebiere & Alemão de Maresias.

 
O mellor do Illa Pancha Challenge 2021
Mércores, 03 Febreiro 2021 12:36

Ribadeo viviu onte a segunda edición do Illa Pancha Challenge que contou novamenteo co apoio da Deputación de Lugo. Coa chegada da borrasca Justine, destacados surfeiros internacionais achegáronse á Mariña Lucense, grazas ao traballo de Eric Rebiere e After Surf, pra competir pola mellor onda do día nun evento de formato aberto este ano no Panchorro.

Ler máis...
 
Illa Pancha Challenge 2021
Martes, 02 Febreiro 2021 13:43

O Illa Pancha  Challenge é sen dúbida o evento de surf máis desafiante que se realizou en Europa ata o momento. A onda alcanza facilmente os 18 metros de altura, que debido aos seus fondos de lastras, provoca un tubo só antes visto en Hawai ou Australia.

O surfeiro profesional Eric Rebiere lidera este evento para conseguir traer aos mellores surfeiros de ondas xigantes do mundo como Lucas Chumbo e Andrew Cotton. O formato do campionato deste ano é unha sesión libre onde todos os surfeiros poden elixir as ondas que queiran de 11:00​ da mañá a 4:00​ da tarde.

Ler máis...
 
Alerta Amarella: Illa Pancha Challenge
Xoves, 06 Febreiro 2020 10:32


Alerta amarela para o  Illa Pancha  Challenge o vindeiro martes día 11 de febreiro en Ribadeo. "A borrasca que se aproxima ás costas europeas para a próxima semana asemella un espazo épico, algo que estiveches desexando toda a túa vida ver e cabalgar, algo único, algo que todos os surfeiros estamos a esperar unha vez na vida." Con estas palabras presenta Eric  Rebiere, organizador da proba, o Illa Pancha  Challenge.

Ler máis...
 
O Pico - Copa Galicia 2019
Luns, 06 Xaneiro 2020 17:33

Resumo das mellores ondas gravadas na praia de Patos no campionato de surf Copa Galicia 2019 por José Covelo "Pirata" con moi boas ondas.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 69


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: