Surf Campionatos
Gony Zubizarreta consegue a vitoria en Yerbabuena
Martes, 05 Marzo 2019 12:02

Gony Zubizarreta yerbabuena

Gony Zubizarreta consegue a vitoria no Open de Surf Yerbabuena da liga Iberdrola Fesurfing. O surfeiro galego espremeu ao máximo as excepcionais dereitas de Barbate e consegue os seus primeiros 1000 puntos e 1.500€ en metálico. O canario Luís Díaz coa súa cuarta posición ponse á fronte da clasificación xeral en categoría masculina.

Ler máis...
 
Juan Fernández novo campion La Vaca Gigante 2019
Mércores, 13 Febreiro 2019 12:14

O surfeiro coruñés Juan Fernández proclamouse o novo campión de La Vaca Gigante by Oakley trofeo Ignacio Echeverría e Campionato de España de ondas grandes 2019. Invitado a última hora e sen coñecer a onda chegou e gañou con moito mérito e boas ondas. Noraboa

Ler máis...
 
Campionato de Surf Esperanças
Venres, 08 Febreiro 2019 09:22

Velaquí tedes o resumo das finais de chicas sub-16 e sub-18 do Campionato de Surf Esperanças celebrado a primeiros de mes na praia de Cabedelo en Viana do Castelo.

 
Entrega de premios: Illa Pancha Challenge 2019
Venres, 01 Febreiro 2019 09:57

Velaquí tedes un resumo da entrega de premios do campionato de surf Illa Pancha Challenge 2019 grazas ao traballo do departamente de Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.

 
LipChain Illa Pancha Challenge 2019
Xoves, 31 Xaneiro 2019 12:28

Transmisión en directo do campionato LipChain Illa Pancha Challenge 2019 con catro horas de duración. O evento comeza a partires do minuto 1:59:52 e podes ver todas as mangas do campionato de ondas grandes máis importante da nosa costa.

 
Convocado o Illa Pancha Challenge pra este mércores
Luns, 28 Xaneiro 2019 20:18


Xa está confirmado o evento de ondas grandes na Illa Pancha este mércores, 30 de Xaneiro, e a participación de grandes surfeiros internacionais como Ross Clarke-Jones, Axi Muniain, Eric Rebiere, Natxo González, Adrian Fernandez De Valderrama, Pierre Rollet gañador do Punta Galea Challenge, Fred David, Rafa Tapia e otros amantes do surf extremo.

Ler máis...
 
Gony Z Series 2018
Xoves, 13 Decembro 2018 10:56

Segunda edición do evento Z Series de Gony Zubizarreta. Un novo éxito de competición organizado polo Vigo Mafia Surf Club e a FGS con surfeiros chegados de toda Europa.

Ler máis...
 
Vídeo oficial da Copa Galicia de Surf 2018
Martes, 27 Novembro 2018 13:28

Xa temos o vídeo oficial do XXV Trofeo de Surf Nigrán - Copa Galicia de Surf 2018 grazas a Novalbos Wave Company e o traballo de Pocholo. Cinco minutos de puro surf con moitas caras coñecidas e moito surf no Pico de Patos.

 
Surf Champ Pico de Patos 2018
Domingo, 25 Novembro 2018 19:43

Velaquí tedes un vídeo da Copa Galicia de Surf 2018 grazas ao traballo de Sebas Bamonde que estivo presente gravando as mellores ondas do campionato.

 
Mañá non te perdas a Copa Galicia en Patos
Venres, 16 Novembro 2018 15:57


Os Patos Surf clube, a Federación Galega de surf e o Concello de Nigrán, organizan como cada ano en augas da Praia de Patos o tradicional campionato Trofeo Concello de Nigrán que este ano chega ás vodas de prata coas súas 25 edicións ás súas costas, ademais o de Patos é o campionato máis veterano do circuíto galego, o primeiro organizar no ano 1990 e desde entón non pararon, chegando este ano á 25 edición, polo que se converteu nunha referencia dentro do mundo do Surf a nivel nacional, e para os surfeiros galegos a cita obrigada do inverno nas Rías Baixas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 67

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: