Luns, 08 Xaneiro 2018 19:35 |

O surfeiro pontevedrés, local da Lanzada, Ignacio Guisasola proclamouse xusto campión na primeira edición do Waipia O Grove Surf Pro esta pasada fin de semana. Unha xornada marcada polas condicións na Lanzada, vento perfecto do nordés e ondas chegando a pasar un metro de altura, dereitas e esquerdas abriron todo o día para que todos os participantes mostrasen o seu mellor nivel ao máis de centenar de asistentes que se achegaron ao Grove para vivir unha xornada de surf fermosa. 
Durante todo o evento sorteáronse agasallos da nosa marca, un neopreno altagama Premium, 2 ceas para 2 no Casino A Toja, 1 Spa para 2, fundas BRUTO e 2 entradas para o Celta-Real Madrid que se disputou esa mesma tarde. O formato do campionato era en prize money, contamos con 1000€ en premios, 800€ deles en metálico que se repartiron entre os 4 finalistas.
|
Ler máis...
|
Xoves, 04 Xaneiro 2018 10:08 |

Á terceira foi a vencida, e segundo as previsións, o vindeiro domingo 7 de xaneiro temos campionato! Hora do check in: 8:30. Lugar: Praia da Lanzada, O Grove (Zona Sanatorio). Peche do prazo de inscrición: Venres 5 de Xaneiro ás 12:59. |
Ler máis...
|
Martes, 26 Decembro 2017 09:41 |

Hoxe comeza o periodo de espera para o evento anual en memoria de Julián Yáñez Silveira "Keima" (1971-2011) que se celebra todos os anos por estas datas no Pico de Patos. Deste xeito os seus amigos manteñen viva a súa lembranza surfeando nunha das súas ondas preferidas da nosa costa. |
Ler máis...
|
Domingo, 24 Decembro 2017 11:25 |
Xa está aquí o vídeo oficial do campionato de surf Gony Z Series III celebrado a pasada fin de semana na praia de Patos. Moito espectáculo na auga con grandes surfeiros chegados dende toda Galiza pra pasar unha xornada festiva na compaña de Gony e Jaji organizada por La Conservera del Surf. |
Ler máis...
|
Martes, 19 Decembro 2017 17:38 |

En base ao parte meteorolóxico para o próximo fin de semana, a organización do campionato decidiu abrir o período de espera á seguinte data proposta (29-30 decembro). O prazo de inscrición para os participantes queda aberto ata o vindeiro mércores 27 de decembro ata as 17:59, onde se enviará a todos os participantes o itinerario do evento. En caso de existir malas condicións de novo aprazarase ao seguinte e último fin de semana proposto (6-7 de xaneiro). |
Ler máis...
|
Martes, 28 Novembro 2017 12:11 |

O mellor surfeiro galego de todos os tempos, e actualmente o mellor nacional e subcampión europeo WSL, volve á súa praia como cada ano para celebrar o Gony Z Series. Trátase dun divertido evento aberto para todos os surfeiros e totalmente gratuíto. A idea é gozar xunto a Gony Zubizarreta de toda a súa experiencia e compañía. Nesta terceira edición chega a consolidación con considerables cambios e teremos tres categorías e moitos premios.
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 12 Outubro 2017 20:16 |
Xa tedes online o novo vídeo oficial da Federación Galega de Surf coas imaxes do Campionato de Bodyboard na praia da Lanzada o pasado primeiro de Outubro.
|
Martes, 26 Setembro 2017 14:44 |

Martina Álvarez, a nova promesa do surf galego, proclamouse campiona de surf Luso Galaica 2017 este pasado domingo na praia do Cabedelo, en Viana do Castelo. Este excelente resultado da ferrolá está acompañado do segundo posto de Cristina Rey e terceiro de Alba Love. A surfeira portuguesa Raquel Vale, do Surf Clube Viana, completou o podio. 
|
Ler máis...
|
Domingo, 24 Setembro 2017 21:11 |

Velaquí tedes as primeiras fotos do II Rufo's Tribute celebrado onte na praia do Orzán grazas a Quique Otero Seijo que estivo presente nesta homenaxe aos pioneiros do surf na cidade da Coruña. Moita asistencia de surfeiros e pranchas antigas na area, música, amizade moi bo ambiente nun evento diferente e especial grazas á excente organización de Lobos de Mar Surf Club. |
Ler máis...
|
Xoves, 21 Setembro 2017 08:59 |
G
De novo o Surf Clube Viana presenta o XIX Luso Galaico, un clásico campionato entre surfeiros galegos e portugueses e que este ano terá lugar nos vindeiros días 23 e 24 de setembro na Praia de Arda en Afife, Viana do Castelo. O Luso Galaico é organizado polo Surf Clube de Viana dende 1998, e estivo sempre asociado a momentos marcantes do Noroeste Peninsular, como foron: o Prestige "Nunca Máis", o Dia da Marinha Portuguesa , os 750 anos da Cidade, as Initiatives Océanes da Surfrider Foundation, Dia Europeu do Mar, etc.. e é un dos máis antigos eventos de surf da Península Ibérica. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 6 de 67 |