Martes, 26 Xuño 2018 20:46 |

A selección galega impúxose nunha apretadísima final sobre a segunda clasificada por tan só 210 puntos. O campionato de seleccións autonómicas foi un dos máis disputados que se lembra. Ata a última manga, a final de surf sub 14 masculina, non estaba nada decidido. A selección cántabra, a canaria e a galega pelexaron ata o último minuto por levar o cetro nacional. A última eliminatoria da xornada disputouse cunhas condicións moi difíciles onde a responsabilidade do título recaeu sobre os ombreiros dos máis novos do campionato. Finalmente, sería o mozo Manuel Fernández quen lle daría o título ao combinado galego coa súa terceira posición na manga final. Os seguintes postos completáronos: a selección canaria, (12.870), a selección cántabra terceira (12.555 puntos), a selección asturiana cuarta (10.820), a selección andaluza quinta (8.265), a selección catalá (6.075) e a selección murciana sexta (4.875). 
A nosa selección!
|
Ler máis...
|
Martes, 26 Xuño 2018 16:39 |
Resumo do acontecido no primeiro día de competición na praia da Frouxeira, en Ferrolterra, polo título do Campionato FES 2018.
|
Luns, 25 Xuño 2018 11:30 |

Volve á praia de Patos una das mellores actividades do ano o PATOS SURFING DAY 2018. Este ano ten como principal novidade a organización do evento por todas as escolas da praia: Prado Surf, Patos Surf, La Conservera del sur, Point Break e Txoko Surf.
Se sempre quixeches facer surf e non te atreviches, tes curiosidade de sentir como é deslizarse polo mar, esta é a túa oportunidade. Por só 5€ non te podes perder este día. Para todas as idades (desde os 6 ata os 70 anos) curso de surf con todo incluído, grellada, xogos con premios para todos, ioga, música, test de táboas, etc... as prazas son MOI LIMITADAS e só reservásese por orde de inscrición. Non te perdas esta xornada de portas abertas das escolas de Patos.
|
Ler máis...
|
Venres, 15 Xuño 2018 09:04 |

Por razóns ambientais a Federación Española de Surfing decide cambiar a localización do Campionato de España de Surfing da praia de Doniños á praia da Frouxeira. As praias da Costa de Ferrolterra supoñen un dos hábitats de maior importancia de Galicia, e en especial a praia de Doniños. |
Ler máis...
|
Mércores, 13 Xuño 2018 12:05 |

O surfeiro canario Yael Peña impúxose en categoría masculina e achégase ás primeiras posicións do ránking FES xeral. En categoría feminina, a moza Sara Urresti consegue a segunda vitoria consecutiva e afiánzase no liderado. O "II Open de Surf Esteiro", celebrado na localidade lucense de Xove, coroou aos vencedores da terceira proba de LaLigaFESURFING nunha xornada onde a competitividade e o bo surf foron os protagonistas. 
|
Ler máis...
|
Xoves, 07 Xuño 2018 20:41 |

Esta semana temos outra boa nova para o surf galego coa victoria de Gony Zubizarreta no Allianz Figueira Pro, a terceira proba da Liga MEO Surf 2018, que se disputou na Praia do Cabedelo en Portugal. Gony está a surfear moi ben e con moita forza e despois de chegar a dúas finais por fin levantou o trofeo. Deste xeito Gony é o lider da Liga MEO e ten moitas posibilidades de ser o campión.
|
Ler máis...
|
|
Martes, 29 Maio 2018 22:25 |

A praia de Doniños volverá recibir aos mellores surfeiros do Estado en todas as súas categorías. Do 25 de xuño ao 1 de xullo celebrarase a VIII edición dunha cita que novamente será o punto de encontro de todos os amantes deste deporte. O Campionato de España de Surfing, que o ano pasado bateu todas as marcas de participación con máis de 250 inscritos, é unha competición única á que se accede por méritos deportivos e que coroará aos 12 novos campións de España.
|
Ler máis...
|
Martes, 08 Maio 2018 08:01 |

Xa temos o cartel da segunda edición do Open de surf de Esteiro de Xove que vai ter lugar no mes de Xuño e reunirá ao mellores surfeiros da nosa terra. Tamén haberá categoría de bodyboard e paddle surf, surf sub-18, open e máster. Este campionato puntúa na Liga de surf da FES e conta con 1.000€ en mmetálico e 1.000€ en premios.
|
Domingo, 22 Abril 2018 19:11 |

Un campionato diferente de caracter familiar que congregará todo o surfing base da Mariña e aos locais de toda a vida reunidos pra pasar un dia de festa na praia! O campionato vai ter un período de espera do 28 de Abril ao 2 de Maio asegurándonos así unha xornada de boas condicións. Os invitados terán ata o dia Martes 24 de abril para confirmar a súa asistencia. |
Ler máis...
|
Venres, 23 Marzo 2018 09:10 |
Resumo do primeiro día de competición no Junior Pro Espinho onde os mellores surfeiros europeos loitan polo título.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 7 de 70 |