Surf Campionatos
Gony finaliza o SriLankan Airlines Pro na 37ª posición
Xoves, 11 Xuño 2009 11:01

Gony Zubizarreta non tivo moita sorte e foi eliminado no SriLankan Airlines Pro Maldivas na 37ª praza despois de acadar un 12.23 na súa manga, Jarrad Howse  12.66, Bernardo Miranda 13.20 e o australiano Daniell Ross 16.67.

Ler máis...
 
Bo papel do Golfiño Surf Clube no Luso-Galaico
Mércores, 10 Xuño 2009 14:04

O Golfiño Surf Clube, o máis novo clube de surf das Rías Baixas obtivo moi bos resultados no campionato Luso Galaico 2009 Equipo "Golfiño Surf Club": Pipo Domíguez acadou a 2 praza en Surf, Ettore Burdese foi cuarto na proba de Longueirón, Yago Chamorro 5º clasificado en Surf, 7º Clasificado Hugo González en Surf, Dani Rodríguez 9º en Surf, Jaji Iglesias 9º en Surf, Víctor Vidal 13º en Bodyboard e Roberto "Tanaka" ocupou a 13ª praza en Longboard.

 
Pipo Domínguez. Foto: Occy
Ler máis...
 
Aviso: 2 "Tablas" roubadas
Luns, 08 Xuño 2009 09:53

Dende o blog de Abstcovas chega esta noticia: Esta madrugada rompéronme o cristal do coche e leváronse 2 táboas de surf. Son moi fáciles de identificar.

Unha é unha MOOR (na foto) AMARELA E BRANCA, debaixo, na alma pon como número de fabricación #000001.  É unha 5.11 e debaixo ten un golpe que corresponde perfectamente á miña cabeza. A outra é unha ISLAND STYLE branca de EPOXY, 6.3. e grip AZUL CON FLORES BRANCAS.

Ler máis...
 
Patos: International Surfing Day 2009
Xoves, 04 Xuño 2009 16:10

O día internacional do Surf terá lugar o vindeiro 21 de xuño e conta a día de hoxe con máis de 31 países participantes. Centenares de profesionais por todo o mundo presentarán ao público a cultura e o deporte do Surf a través de cursos, talleres e diferentes actividades completamente gratuítas.

Son xa seis anos desde que comezou esta iniciativa que ten como fin a promoción do Surf a nivel mundial. 3 escolas de Surf confirmaron a súa participación, Patos de Vigo, Escola Cantabra de Somo e Costa Norte de San Vicente de la Barquera.

Desde o Patos Surf Clube preparamos un día especial no que non poden faltar os cursos gratuítos de Surf (co material incluído), aluguer de material, test de padelboard, churrascada (para os inscritos ao surfing day) e moitos agasallos para os participantes.

Ler máis...
 
Julian Foto Surf publica novas fotos!
Mércores, 03 Xuño 2009 16:21

Julianfotosurf.com - Un dos fotógrafos máis activos das Rías Baixas ven de publicar unhas novas galerías de fotos de diferentes viaxes que fixo pola costa galega e portuguesa este ano. Praias de Peniche, Seráns, Patos, Lariño a As Furnas. Neste artigo podedes ver unha escolma de fotos seleccionadas por Julian con surfeiros tan importantes como Milo Castelo e Yago Chamorro entre outros.

 
Yago Chamorro entubando en Patos 
Ler máis...
 
Resultados Oficiais do Luso-Galaico 2009
Luns, 01 Xuño 2009 21:41

SurfingViana.com - Eduardo Fernandes, Nuno Azevedo, Pedro Casqueira, Maria Pessanha e Anita Ferreira Lino foram os grandes vencedores do XII Luso Galaico, que teve lugar este fim-de-semana, na Praia da Arda, em Afife, Viana do Castelo. Este Campeonato superou todas as expectativas. Registou uma grande adesão de surfistas portugueses e galegos, tanto em número como em qualidade. Os atletas nacionais de topo de Bodyboard estiveram presentes. Beneficiou de condições do mar excelentes para a competição, assinalando, em grande, o arranque dos eventos comemorativos do 20.º aniversário do Surf Clube de Viana.

Ler máis...
 
Crónica e fotos do Luso-Galaico 2009 by Occy
Luns, 01 Xuño 2009 21:33

No blog de Occy acaban de publicar unhas cantas fotos e unha crónica do acontecido esta finde pasada no campionato Luso-Galaico 2009 organizado polo Clube de Surf de Viana. Pipo, Jamardo e Occy fixeron un bo papel.

 
Occy
Ler máis...
 
Publicada a primeira Guía de Surfcamps Galegos
Luns, 01 Xuño 2009 21:28

Dende OesteSurf chega esta nova da publicación online da primeira guía de surfcamps galego que quere axudar a promocionar estas iniciativas surfeiras. Podedes mirar está guia pinchado sobre a seguinte ligazón:

Guía de Surfcamps en Galicia

 
Nemiña xa está limpa! Limpeza dos Tombos
Luns, 01 Xuño 2009 08:55

Os Tombos - Grazas Felipe, Alex, Suso, Iria, Jan-philipp, Daniel, Marina, Björn, Bernhad, Brais, Marcos, Libertad, Tere, Lorena, Diego, Jessica, Samuel, Suso, Nico, José Angel, Jesús, Uxio, Iñigo, David y Alfonso.

Ler máis...
 
Sabón - Gopro Cámara [video]
Sábado, 30 Maio 2009 20:36

Eiquí tedes un interesante video feito por Kike Aradas na praia de Sabón. Con esta cámara podes filmar o teu surfing enriba das ondas e de paso grabar a xente do pico.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 Seguinte > Final >>

Páxina 61 de 67

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: