Surf Campionatos
Patos: International Surfing Day 2009
Xoves, 04 Xuño 2009 16:10

O día internacional do Surf terá lugar o vindeiro 21 de xuño e conta a día de hoxe con máis de 31 países participantes. Centenares de profesionais por todo o mundo presentarán ao público a cultura e o deporte do Surf a través de cursos, talleres e diferentes actividades completamente gratuítas.

Son xa seis anos desde que comezou esta iniciativa que ten como fin a promoción do Surf a nivel mundial. 3 escolas de Surf confirmaron a súa participación, Patos de Vigo, Escola Cantabra de Somo e Costa Norte de San Vicente de la Barquera.

Desde o Patos Surf Clube preparamos un día especial no que non poden faltar os cursos gratuítos de Surf (co material incluído), aluguer de material, test de padelboard, churrascada (para os inscritos ao surfing day) e moitos agasallos para os participantes.

Ler máis...
 
Julian Foto Surf publica novas fotos!
Mércores, 03 Xuño 2009 16:21

Julianfotosurf.com - Un dos fotógrafos máis activos das Rías Baixas ven de publicar unhas novas galerías de fotos de diferentes viaxes que fixo pola costa galega e portuguesa este ano. Praias de Peniche, Seráns, Patos, Lariño a As Furnas. Neste artigo podedes ver unha escolma de fotos seleccionadas por Julian con surfeiros tan importantes como Milo Castelo e Yago Chamorro entre outros.

 
Yago Chamorro entubando en Patos 
Ler máis...
 
Resultados Oficiais do Luso-Galaico 2009
Luns, 01 Xuño 2009 21:41

SurfingViana.com - Eduardo Fernandes, Nuno Azevedo, Pedro Casqueira, Maria Pessanha e Anita Ferreira Lino foram os grandes vencedores do XII Luso Galaico, que teve lugar este fim-de-semana, na Praia da Arda, em Afife, Viana do Castelo. Este Campeonato superou todas as expectativas. Registou uma grande adesão de surfistas portugueses e galegos, tanto em número como em qualidade. Os atletas nacionais de topo de Bodyboard estiveram presentes. Beneficiou de condições do mar excelentes para a competição, assinalando, em grande, o arranque dos eventos comemorativos do 20.º aniversário do Surf Clube de Viana.

Ler máis...
 
Crónica e fotos do Luso-Galaico 2009 by Occy
Luns, 01 Xuño 2009 21:33

No blog de Occy acaban de publicar unhas cantas fotos e unha crónica do acontecido esta finde pasada no campionato Luso-Galaico 2009 organizado polo Clube de Surf de Viana. Pipo, Jamardo e Occy fixeron un bo papel.

 
Occy
Ler máis...
 
Publicada a primeira Guía de Surfcamps Galegos
Luns, 01 Xuño 2009 21:28

Dende OesteSurf chega esta nova da publicación online da primeira guía de surfcamps galego que quere axudar a promocionar estas iniciativas surfeiras. Podedes mirar está guia pinchado sobre a seguinte ligazón:

Guía de Surfcamps en Galicia

 
Nemiña xa está limpa! Limpeza dos Tombos
Luns, 01 Xuño 2009 08:55

Os Tombos - Grazas Felipe, Alex, Suso, Iria, Jan-philipp, Daniel, Marina, Björn, Bernhad, Brais, Marcos, Libertad, Tere, Lorena, Diego, Jessica, Samuel, Suso, Nico, José Angel, Jesús, Uxio, Iñigo, David y Alfonso.

Ler máis...
 
Sabón - Gopro Cámara [video]
Sábado, 30 Maio 2009 20:36

Eiquí tedes un interesante video feito por Kike Aradas na praia de Sabón. Con esta cámara podes filmar o teu surfing enriba das ondas e de paso grabar a xente do pico.

Ler máis...
 
Aprazada por falta de ondas a Proba d'Os Castros!!
Venres, 29 Maio 2009 10:37

Lamentamos comunicarvos que unha vez consultada a previsión meteorolóxica, e vendo na praia as ondas que hai hoxe, vémonos obrigados a aprazar a proba prevista para este fin de semana en Os Castros (Ribadeo) dado que todas as previsións apuntan a que non haberá as condicións necesarias para a práctica do surf.

A nova data prevista está por determinar. As personas que xa fixeran o ingreso e enviaran a súa inscripción, quedan xa inscritas automáticamente para a nova data. No caso de que non puideran participar deberán comunicarllo a FGS.

 
"Operación Anti-Crise" - Pasa unha semana de balde no Grosso Surf Camp
Venres, 29 Maio 2009 10:26

Se tes verdadeiras ganas de surfear ondas de calidade este verán sen que che cúste un ouro esta é a túa oportunidade. Consegue un grupo de 7 persoas que che acompañen a pasar unha semana de boas sensacións surfeando ondas de gran calidade nun entorno único e vira completamente gratis. 

A "Operación Anticrisis" que ofrece GROSSO Surfcamp, é unha maneira diferente de salvar estes tempos que corren nos que por desgraza cada vez é mais dificil conseguir tempo e diñeiro para permitirse unha semana de autenticas vacacións.

Ler máis...
 
Crónica e resultados oficiais do Junior de Patos 2009
Martes, 26 Maio 2009 09:21

A Federación Galega de Surf publicou hoxe na súa web a crónica oficial desta proba do circuito galego junior 2009. Durante os días 9 e 10 de Maio celebrouse na praia de Patos a primeira proba do Circuíto Caixa Galicia Xuvenil. A proba foi todo un record xa que contou con preto de 180 inscritos divididos en oito categorías (surf xuvenil masculino e feminino, surf infantil masculino e feminino, bodyboard xuvenil masculino e feminino, e bodyboard infantil masculino e feminino). Ademais foi record tamén no número de mozas que se animaron a competir na proba: 46 en total, e grazas ao bo tempo que nos acompañou durante todo o fin de semana, o número de público asistente ao evento foi tamén moi elevado.


Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 Seguinte > Final >>

Páxina 62 de 68


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: