Surf Campionatos
Resultados do Junior de Patos 2009
Mércores, 20 Maio 2009 18:43
Por fin atopamos na rede os resultados da proba Junior celebrada en Patos a pasada finde. De novo isto é posible grazas ao traballo da xente da revista Baobab. Esta revista de deportes extremos fixo unha excelente cobertura do evento e publicaron varias galerias fotográficas e agora os resultados. Dende SurfGz queremos parabenizar a Baobab polo seu traballo.
 
Ler máis...
 
Fotos do Junior de Patos na revista Baobab
Martes, 19 Maio 2009 09:56

A revista Baobab ven de publicar unha escolma de fotografías da proba celebrada en Patos do Circuito Galego 2009 de surf e Bodyboard. Eiquí tedes un par de fotos pero na súa web podedes mirar todas as fotos.

Ler máis...
 
Finalizado o prazo do Desafío Fontenla
Sábado, 16 Maio 2009 19:44

Oeste - Este domingo 17 de Maio finaliza o período de espera para a celebración do Desafío Fontenla sen que as condicións para poder realizalo fosen boas.

Grazas a todos os patrocinadores e colaboradores pola súa participación neste proxecto.

Ata a vindeira edición!

 

Ler máis...
 
XII Campionato Luso-Galaico - 30 e 31 de Maio
Venres, 15 Maio 2009 10:44
O Surf Clube de Viana vai realizar nos próximos dias 30 e 31 de Maio, mais uma edição do clássico LUSO GALAICO.  A XII edição do LG homologada pela Federação Portuguesa de Surf e pela Federación Galega de Surf, irá contar com a presença dos melhores surfistas portugueses e da Região Autónoma da Galiza.
 
Além da importante vertente competitiva que caracteriza este evento, vamos ter demonstrações luso galaicas de Downhill (organização Nortebikes) e de Kitesurf (organização João Fontainhas). No dia 30 de Maio, sábado, vamos celebrar o LG na discoteca New Look, na praia Norte.
 
Ler máis...
 
SurfPoint nº2 - Xa na rede!
Mércores, 13 Maio 2009 16:32

Pois xa temos na rede o númeo dous de SURFPOINT.es unha iniciativa de Jean Gama, fotógrafo brasileiro-galego afincado en Ferrol.

Desta vez temos unha reportaxe en Vilarrube, un especial de Pablo "Occy" Romero, Globe en Doniños, unha crónica do WQS Quicksilver Estoril e tamén bastante material de bodyboard.

Pincha nesta ligazón pra ver o SurfPoint Nº2

 

 

 

 

 
Oferta de Emprego para monitor de Surf
Martes, 12 Maio 2009 16:32
Galicia Surf Camp busca monitores de surf. Requírese bo nivel de surf, experiencia dando clases teóricas e prácticas, capacidade de traballo en equipo e responsabilidade, pois temos a noso cargo alumnos desde os 12 anos.

Se estás interesado/a e queres formar parte do noso equipo, envía o teu C.V. a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou contacta connosco no teléfono 699.45.34.60.

Para máis información non te perdas a nosa web

 
Luis Monín surfando no Moucho [VIDEO]
Martes, 12 Maio 2009 03:43

Nova entrega de Jansolo dende o blog de Jandriño, desta vez os surfeiros son Luis (Monín), Pedro, Jorge Bruquetas e outros locais da zona. As ondas non son perfectas pero é un video ben xeitoso!

Ler máis...
 
O equipo junior do Grosso destaca en Patos
Luns, 11 Maio 2009 18:02

Esta pasada fin de semana comezou o Circuíto Galego Junior de Surf e Bodyboard na praia de Patos en Nigran. O Clube Grosso inscribiu a un nutrido grupo de surfeiros de entre 11 e 18 anos que conseguiron facer un gran papel fronte ao resto de comeptidores da comunidade galega.

Ler máis...
 
Éxito do SurfTech Tour na praia de Patos
Sábado, 09 Maio 2009 17:59
O pasado 1,2 e 3 de maio o Surftech Test tour volveu pasar por Nigrán, da man do Clube de Surf Patos e a tenda Novalbos. O obxectivo era que todo o mundo puidese probar as novas pranchas de surf da marca Surftech, nova tecnoloxía, novos shapers e novos deseños, nun tour que consta de 11 etapas en diferentes praias da península.
 
 
Pedro Novalbos & amigos
Ler máis...
 
Puro surfing na Costa da Morte [VIDEO]
Sábado, 09 Maio 2009 17:46

Eiquí tedes un video publicado por Rubén Prieto no seu blog Surf na Costa da Morte dun bo baño o pasado día oito de maio nalgún lugar da costa galega. No seu blog tedes unhas fotos tomadas por Liber deste baño. No blog do Clube de Surf Os Tombos tedes máis fotos desta sesión de surf e bodyboard.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 Seguinte > Final >>

Páxina 63 de 68

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: