Surf Campionatos
Crónica e fotos de Final VQS en Anglet
Luns, 04 Maio 2009 19:22

Dende a revista de deportes extremos Baobab chegan unhas fotos da final VQS celebrada en Anglet onde competiron moitas promesas so surfing galego. Lalo Díez, Rosa Vieira, María Escrigas, Fernando Fidalgo, Marcos Heinrich, Diego Álvarez, Erika Franco, Rafael Dopico, José Morales, Guillermo Gómez e Lucía Martiño foron os surfeiros que acompañados polo surfeiro vigués Jaji Iglesias fixeron o camiño xuntos ata Anglet.

Ler máis...
 
Gony finaliza o O´Neill Coldwater Classic de Escocia
Luns, 04 Maio 2009 19:06

Gony Zubizarreta finalizou a súa participación no O´Neill Coldwater Classic de Escocia na posicíón 37ª. Malia este resultado Gony continua forte na loita polo ascenso ao TOP 45 este ano.

 

Thurso. Escocia

 
FGS - Aprobado o Calendario de Competición 2009 (OFICIAL)
Luns, 04 Maio 2009 09:50

Xa temos o calendario oficial da Federación Galega de Surf para o ano 2009. Este mes temos as probas de Patos e Os Castros en Surf e a proba do Faro de Lariño en Bodyboard. O campionato galego por clubes será en Soesto no mes de agosto.

Ler máis...
 
Lalo Díez remata na 3ª posición no VQS de Anglet
Mércores, 29 Abril 2009 14:15

Boardculture - A pasada fin de semana o vigués Lalo Díez acadou a terceira posición na final Europea do Volcom's Totally Crustaceous Tour en Anglet na categoría infantil. Deste xeito o xoven surfeiro da praia de Prado confírmase como unha forte promesa do surf galego en competición. Dende eiquí queremos dar a noraboa a Lalo polo seu esplendido resultado.

 
Lalo Díez no podio de Anglet (primeiro pola dereita)
Ler máis...
 
Gony chegou ata cuartos no 6* Estoril Pro 2009
Luns, 27 Abril 2009 01:32

Gony Zubizarreta chegou a ta cuartos de final no 6* Quicksilver Estoril Pro celebrado estes días de Abril. Con este esplendido resultado mantén a oitava praza no ranking do WQS da ASP World Tour e as súas opcións a entrar no TOP 45. Boa sorte Gony!

Ler máis...
 
Gony surfea forte no 6* Estoril Pro 2009
Xoves, 23 Abril 2009 09:51

O noso representante galego no WQS 6* Quicksilver Estoril Pro 2009 vai pasando as súas eliminatorias demostrando o forte que está na auga e acaba de pasar da terceira ronda onde pelexou contra o francés Simon Marchand, o australiano Mark Mathews e o uruguaio Marco Giorgi. Gony xa está entre os 24 mellores e vai surfear na cuarta ronda contra Masatoshi Ohno (Xapón) e Madison Williams (Australia). Adiante Gony!

 
Gony en acción!
Ler máis...
 
Novalbos cumpre 20 anos!
Luns, 20 Abril 2009 18:21
 
E parece que foi onte cando en 1989 a familia Novalbos, estreitamente ligada ao mar, un mergullador, un surfeiro e un descubridor de tesouros submarinos (o patriarca) decide aventurarse no mundo dos negocios para cubrir as necesidades dun feixe de mergulladores e dos escasos 30 surfeiros que por aquel entón pululaban pola praia de Patos, converténdose na primeira tenda de Vigo dedicada ao surf e a máis antiga das que hai hoxe en día abertas na comunidade galega.
Ler máis...
 
Galicia: Surf + Wind + Kite
Luns, 20 Abril 2009 15:55

Atopamos no Vimeo este fermoso video con imaxes de Kite, Wind e Surfing. O surfeiro que aparece ao remate do video surfea unha preciosa onda nalgún lonxano da nosa costa. Paga a pena miralo (minuto 2:52) ;)

Ler máis...
 
Nova escola de Surf: Golfiño Surf Escola
Sábado, 18 Abril 2009 11:35

Pipo Fominguez ven de anunciar a creación dunha nova escola de Surf e Bodyboard nas Rías Baixas Golfiño Surf Escola. Esta escola de surf empezará as súas actividades o vindeiro mes de Maio. Eiquí tedes o cartaz da escola.

 
Ler máis...
 
Curso de Xuíces de Surf e Bodyboard 2009 da FGS
Xoves, 16 Abril 2009 20:19

A Federación Galega de Surf convoca o Curso de xuíces de Surf e Bodyboard que se desenrolará o 24 e 25 de Abril do 2009. O prazo de inscripción para o curso é ata o 21 de abril. Os interesados teñen que adxuntar a fotocopia do DNI e o xustificante do pago xunto co impreso de inscripción. Podedes enviar a documentación mediante email ou fax.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 Seguinte > Final >>

Páxina 64 de 68


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: