Surf Campionatos
Baobab, nova web de deportes extremos
Martes, 07 Abril 2009 19:09

Xa temos unha nova web www.revistabaobab.es onde ler noticias de deportes extremos como o surf, skate, bmx, snow, bodyboard, mountain bike, kitesurf e outros. Xente de aquí, xente de fóra, o que está a pasar en Vigo, en Galicia...

Esta nova web ten unha revista cunha tirada de 5.000 exemplares gratuítos que son distribuidos por Vigo principalmente e tamén Pontevedra, Baiona, ou Morrazo, Sanxenxo, Porriño, Tui e La Guardia... e unha pequena parte na Coruña.

Ler máis...
 
Bo resultado de Gony no WQS 6* Prime Drug Aware Pro
Domingo, 05 Abril 2009 20:54

Gony zubizarreta ven de rematar na posición 17ª o campionato WQS 6* Prime Drug Aware Pro. Deste xeito Gony mántense na octava posición na clasificación ASP WQS e vai seguir pelexando forte na auga.

 
 
Gony Zubizarreta colleu a onda do día na súa manga de 3ª ronda
Ler máis...
 
Gony acada a 9ª praza no ranking WQS
Luns, 30 Marzo 2009 09:30

Tal e como podedes ver no web da ASP e despois da proba de Tasmania na que Gony Zubizarreta chegou ata quinta rolda, o surfeiro galego xa ten 1900 puntos a acada a novena praza por diante de outros surfeiros como Cory Lopez e Patrick Gudauskas.

Gony Zubizarreta logrou un gran resultado chegando atá 5ª ronda realizando un surf moi bo que ven demostrar a súa total recuperación despois da última lesión. Foi eliminado polo xaponés Masatoshi Ohno.

Se queres ver o ranking WQS preme na seguinte ligazón:

Ranking WQS - ASP WORLD TOUR 

Adiante Gony!

Ler máis...
 
Alerta Fontenla aprazada
Xoves, 05 Marzo 2009 17:28

Dende o OesteSurf recollemos este aviso de aprazamento feito por Dani Rodriguez do Desafío Fontenla. Na seguinte imaxe podes ver que baixou moito o tamaño das ondas previstas pra esta finde polo que non compensa movilizar aos surfeiros invitados.

Dende eiquí aproveitamos pra saudar a toda a xente que traballa na organización deste eveto ;)

Seguiremos informando!

 
Apresentado o cartaz do Desafio Fontenla
Venres, 27 Febreiro 2009 10:03

Acabamos de recibir o poster do campionato de Big Waves que vai ser realizado na praia da Fontenla do 12 de febreiro ao 17 de maio. O poster foi realizado por Dani Ameneiros de www.oestesurf.com

Premede en "Ler máis" pra mirar o poster ampliado!

Ler máis...
 
DESAFIO FONTENLA: En espera....
Xoves, 26 Febreiro 2009 12:52

Dende LanzadaWindsurf avisan de que a previsión a 160 horas pode ser aproveitada para realizar o Desafío Fontenla. Os doce participantes e os seis suplentes xa están avisados. Estade atentos por se queredes pasar polo campionato.

Ler máis...
 
Spot radical by Marcos Amor
Mércores, 18 Febreiro 2009 13:50

Dende o blog de Marcos Amor chegan unhas imaxes dunha onda do litoral coruñes sen locais. Unha onda moi radical de baixada moi dificil e pra xente que estea procurando emocións fortes.

Ler máis...
 
Doniños Perfect!!!
Luns, 16 Febreiro 2009 20:56

Preciosas imaxes dende o blog de Occy destes días en Doniños, unha das mellores praias galegas, dos surfeiros de Ferrolterra. Nesta foto temos a Occy baixando unha preciosa onda nun día perfecto.

Ler máis...
 
DESAFIO FONTENLA: Galician big Waves
Venres, 13 Febreiro 2009 10:41

Publicamos un comunicado de Dani Rodríguez sobre un novo evento surfeiro nas Rías baixa: Aínda queda tempo para que entre un maretón, e para os que estean interesados en participar nunha proba amateur con ondas que roldarán os tres metros nace o: " SESION DESAFIO FONTENLA ". O obxectivo é surfear o spot en condicións boas de mar e vento, xa teñen o apoio de MISSION Surf Shop.

Ler máis...
 
Presentado o IV Curso Nacional de Adestradores
Xoves, 12 Febreiro 2009 12:30

A Federación española de surf presenta a IV edición do curso de nivel 1. Este curso, indispensable para subirse ao tren da profesionalización nas escolas de surf, facilita unha titulación aos monitores, técnicos ou adestradores, que será un dos requisitos básicos para que as escolas sexan recoñecidas como centros de ensino oficiais grazas ao seu caracter académico, contemplada dentro do sistema educativo o que a diferenza e desmarca claramente das anteriores titulacións, uns ensinos que estaban reguladas por normativas xeradas polas propias federacións ou escolas de adestradores, e que non tiñan validez académica ou profesional.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 Seguinte > Final >>

Páxina 65 de 68


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: