Surf Campionatos
Máis de 23.000 internautas miraron o Pantin Classic Live!
Martes, 16 Setembro 2008 19:48

As estatísticas arroxaron que máis de 23.000 usuarios conectáronse ao live do Pantín Classic.

Con esta noticia confírmase o rotundo éxito da retransmisión vía Internet, que a organización se expón mellorar o próximo ano, dotando ao live de máis cámararas e mesmo repeticións das ondas e entrevistas. 

Fonte orixinal: www.PantinClassic.com

 
Resultados finais do Pantín Classic 2008
Martes, 09 Setembro 2008 13:18

Acabouse o XXI Movistar ONeill Pantín Classic e o brasileiro Willian Cardoso adxudicouse unha das edicións máis espectaculares dos últimos anos. Espectacular pola potencia, altura e beleza das ondas, sen esquecer a calidade que foron capaces de pór os riders presentes en Pantín, que será recordado non só por todo isto, senón por ser a mellor proba de todo o circuíto de Europa de 2008. Nin sequera as probas de 6* estrelas superaron o que puidemos ver en Pantín. Cardoso levou o título masculino e a arxentina Ornella Pellizzari o Pantín Classic ASP 3* Estrelas WQS feminino. Broche de ouro, día de sol e o Surf de maior calidade no que se puido ver durante todo o circuíto europeo da ASP este ano.

Ler máis...
 
Campionato Galego de Surf, Bodyboard e Longboard (Soesto - Laxe)
Mércores, 27 Agosto 2008 17:58

A fin de semana do 29 ao 31 de agosto terá lugar o Campionato Galego Caixa Galicia de surf, bodyboard e longboard individual e por equipos na praia de Soesto (Laxe). As inscripciones xa están abertas. Recorda que o xoves 28 ata as 13:00 horas é o último día para facer a inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non é posible federarse, nin inscribirse, nin facer os pagos correspondentes. ¡Se queres competir inscríbete xa!

Ler máis...
 
O XXI Pantín Classic será do 2 ao 7 de Setembro en Valdoviño
Martes, 26 Agosto 2008 14:43
O maior evento do surfing galego vai ter lugar na praia de Valdoviño do día 2 ao 7 de Setembro. Este acto organizado polo Oceano Surf Clube de Ferrol ten 5 estrelas no WQS, as series de calificación mundial que dan o pase ao campionato mundial WCT o vindeiro ano. Dende surfGZ desexámoslles boas ondas e un bo campionato!

A páxina web do campionato é a seguinte: http://www.escueladesurfpantin.com/pantinclassic/

 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 Seguinte > Final >>

Páxina 66 de 66

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: