Venres, 26 Setembro 2008 19:42 |
O Patos Surf Club organiza nas ondas da Praia de Patos a última proba do Circuito de Surf Galego. Despois de 17 edicións este Campionato converteuse nunha referencia dentro do mundo do Surf a nivel nacional e para os sufistas galegos é a cita obrigada do inverno nas Rías Baixas. Desde o primeiro campionato que se celebro en xaneiro de 1990 esta vai ser a primeira vez que se fai só de Surf, o bodyboard tamén terá o seu campionato pero en novembro e nunha onda chamada F3, que se atopa situada nun reef de Mougas no concello de Santa Maria de Oia. |
Ler máis...
|
Mércores, 17 Setembro 2008 23:59 |
Lamentamos comunicarvos que unha vez consultada a previsión meteorolóxica, vémonos obrigados a aprazar a proba prevista para este fin de semana en Os Castros (Ribadeo) dado que todas as previsións apuntan a que non haberá as condicións necesarias para a práctica do surf. A nova data prevista está por determinar. As personas que xa fixeran o ingreso e enviaran a súa inscripción, quedan xa inscritas automáticamente para a nova data. No caso de que non puideran participar deberán comunicarllo a FGS. |
Martes, 16 Setembro 2008 19:48 |
As estatísticas arroxaron que máis de 23.000 usuarios conectáronse ao live do Pantín Classic. Con esta noticia confírmase o rotundo éxito da retransmisión vía Internet, que a organización se expón mellorar o próximo ano, dotando ao live de máis cámararas e mesmo repeticións das ondas e entrevistas.
|
Martes, 09 Setembro 2008 13:18 |
Acabouse o XXI Movistar ONeill Pantín Classic e o brasileiro Willian Cardoso adxudicouse unha das edicións máis espectaculares dos últimos anos. Espectacular pola potencia, altura e beleza das ondas, sen esquecer a calidade que foron capaces de pór os riders presentes en Pantín, que será recordado non só por todo isto, senón por ser a mellor proba de todo o circuíto de Europa de 2008. Nin sequera as probas de 6* estrelas superaron o que puidemos ver en Pantín. Cardoso levou o título masculino e a arxentina Ornella Pellizzari o Pantín Classic ASP 3* Estrelas WQS feminino. Broche de ouro, día de sol e o Surf de maior calidade no que se puido ver durante todo o circuíto europeo da ASP este ano. |
Ler máis...
|
Mércores, 27 Agosto 2008 17:58 |
A fin de semana do 29 ao 31 de agosto terá lugar o Campionato Galego Caixa Galicia de surf, bodyboard e longboard individual e por equipos na praia de Soesto (Laxe). As inscripciones xa están abertas. Recorda que o xoves 28 ata as 13:00 horas é o último día para facer a inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non é posible federarse, nin inscribirse, nin facer os pagos correspondentes. ¡Se queres competir inscríbete xa! |
Ler máis...
|
Martes, 26 Agosto 2008 14:43 |
O maior evento do surfing galego vai ter lugar na praia de Valdoviño do día 2 ao 7 de Setembro. Este acto organizado polo Oceano Surf Clube de Ferrol ten 5 estrelas no WQS, as series de calificación mundial que dan o pase ao campionato mundial WCT o vindeiro ano. Dende surfGZ desexámoslles boas ondas e un bo campionato!
|
|
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 Seguinte > Final >>
|
Páxina 68 de 68 |