Surf Campionatos
2017 Pro Zarautz Highlights Gony Zubizarreta
Martes, 25 Abril 2017 10:12

Xa podes ver o vídeo oficial WSL co resumo da última xornada de competición do QS Pro Zarautz que rematou coa victoria de Gony zubizarreta que está a pasar por un gran momento deportivo e persoal.

Ler máis...
 
Gony novo campión Pro Zarautz 2017
Domingo, 23 Abril 2017 20:45

Segunda victoria do ano para Gony Zubizarreta no QS Pro Zarautz 2017 nunha final moi axustada fronte ó surfeiro francés Jorgann Couzinet. Grazas ao gran momento e o alto nivel de surf que está a mostrar Gony gaña a txapela e os 10.000$ en metálico deste evento WSL que tamén gañou no ano 2009.

Ler máis...
 
Aberto o prazo de inscripción do Ribeira Weekend 2017
Mércores, 19 Abril 2017 11:59

Xa está aberto o prazo de inscripción para a segunda edición do Ribeira Weekend e tamén os horarios definitivos. O sábado 13 de maio a partires das 9 da mañán comezarán as mangas clasificatorias de surf e body. Tamén os entrenos de bike sobre ás 11:00 da mañán coas mangas cronometradas pola tarde.

Exhibicion pitufolandia e entrega de trofeos no bar Ventos e A Recoveira a partir das 18:00. Festa GNY rap battle e sesion DJ con regalos no bar Ventos vellos e A recoveira

Ler máis...
 
Bo resultado de Pablo Montero en Tapia de Casariego
Luns, 17 Abril 2017 15:59

Despois de competir en Caparica o surfeiro coruñes Pablo Montero foi ata Tapia de Casariego no Goanna Pro e conseguir entrar en semifinais. Outro rider galego, Diego Álvarez tamén pasou varias mangas ata cuartos pero non puido continuar.

Ler máis...
 
Gony Campión do QS Caparica Primavera Surf Fest
Domingo, 16 Abril 2017 22:01

Vídeo oficial WSL coas imaxes das semifinais e final do QS Caparica Primavera Surf Fest que rematou coa primeira victoria importante do ano de Gony Zubizarreta grazas ao bo momento no que se atopa na súa faceta deportiva.

Ler máis...
 
Day 1 - Caparica Primavera Surf Fest Highlights
Mércores, 12 Abril 2017 09:13

Resumo oficial do primeiro día de competición do Caparica Primavera Surf Fest con boas ondas de medio metro a un metro. Os surfeiros galegos non tiveron boa sorte e Juan Fernández e Pablo Montero xa están fóra do campionato.

Ler máis...
 
Gran resultado de Ignacio Guisasola en Cádiz
Martes, 04 Abril 2017 20:25

Eiquí tedes un novo vídeo dos surfeiros galegos que foron ata Cádiz a competir na primeira proba do circuíto nacional de surf 2017 na praia da Fontanilla. Desde Coruña sairon Chus Guerra, Kike Conde, o seu pai Luis, Sebas e Pablo Montero; e desde Pontevedra Manel e Nachito Guisasola.

Ler máis...
 
Ribeira weekend 2017
Xoves, 30 Marzo 2017 09:14

RIBEIRA WEEKEND SURF

Os vindeiros días 13 e 14 de Maio vai ter lugar unha nova edición do Ribeira Weekend con probas de descenso en bicicleta, surf e bodyboard. Despois do éxito da primeira edición esperamos poder disfrutar de boas ondas e moito público de novo e pasar unha boa fin de semana no Barbanza. Seguiremos informando..

Ler máis...
 
A Armada Galega destaca no IV Open Surf & SUP La Yerbabueba ION
Mércores, 22 Febreiro 2017 17:58

Excelentes resultados da Armada Galega no IV Open Surf & SUP La Yerbabueba ION que tivo unhas condicións espectaculares con ondas dun metro e vento perfecto. O waterman Guillermo Carrecedo foi o vencendor de paddle surf, Gony Zubizarreta subcampión en surf Open e Isabel Gundin subcampiona en chicas. Foto superior do Facebook de Gony.

Ler máis...
 
Sete galegos estarán presentes na Invernal de Laredo
Mércores, 01 Febreiro 2017 12:49

Todavía estás a tempo de participar na Invernal de Laredo en Cantabria e competir polos 6.000€ en metálico dos premios na compaña de Gony Zubizarreta, vixente campión, Milo Castelo, Pablo Fernández, Ignacio Guisasola, Chema de Paz, Pablo Montero e Vicente Romero. O prazo de inscripción remata este xoves.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 66

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: