Martes, 25 Abril 2017 10:12 |
Xa podes ver o vídeo oficial WSL co resumo da última xornada de competición do QS Pro Zarautz que rematou coa victoria de Gony zubizarreta que está a pasar por un gran momento deportivo e persoal.
|
Ler máis...
|
Domingo, 23 Abril 2017 20:45 |

Segunda victoria do ano para Gony Zubizarreta no QS Pro Zarautz 2017 nunha final moi axustada fronte ó surfeiro francés Jorgann Couzinet. Grazas ao gran momento e o alto nivel de surf que está a mostrar Gony gaña a txapela e os 10.000$ en metálico deste evento WSL que tamén gañou no ano 2009.

|
Ler máis...
|
Mércores, 19 Abril 2017 11:59 |

Xa está aberto o prazo de inscripción para a segunda edición do Ribeira Weekend e tamén os horarios definitivos. O sábado 13 de maio a partires das 9 da mañán comezarán as mangas clasificatorias de surf e body. Tamén os entrenos de bike sobre ás 11:00 da mañán coas mangas cronometradas pola tarde. Exhibicion pitufolandia e entrega de trofeos no bar Ventos e A Recoveira a partir das 18:00. Festa GNY rap battle e sesion DJ con regalos no bar Ventos vellos e A recoveira |
Ler máis...
|
Luns, 17 Abril 2017 15:59 |
Despois de competir en Caparica o surfeiro coruñes Pablo Montero foi ata Tapia de Casariego no Goanna Pro e conseguir entrar en semifinais. Outro rider galego, Diego Álvarez tamén pasou varias mangas ata cuartos pero non puido continuar. |
Ler máis...
|
Domingo, 16 Abril 2017 22:01 |
Vídeo oficial WSL coas imaxes das semifinais e final do QS Caparica Primavera Surf Fest que rematou coa primeira victoria importante do ano de Gony Zubizarreta grazas ao bo momento no que se atopa na súa faceta deportiva. |
Ler máis...
|
Mércores, 12 Abril 2017 09:13 |
Resumo oficial do primeiro día de competición do Caparica Primavera Surf Fest con boas ondas de medio metro a un metro. Os surfeiros galegos non tiveron boa sorte e Juan Fernández e Pablo Montero xa están fóra do campionato. |
Ler máis...
|
|
Martes, 04 Abril 2017 20:25 |
Eiquí tedes un novo vídeo dos surfeiros galegos que foron ata Cádiz a competir na primeira proba do circuíto nacional de surf 2017 na praia da Fontanilla. Desde Coruña sairon Chus Guerra, Kike Conde, o seu pai Luis, Sebas e Pablo Montero; e desde Pontevedra Manel e Nachito Guisasola.
|
Ler máis...
|
Xoves, 30 Marzo 2017 09:14 |

Os vindeiros días 13 e 14 de Maio vai ter lugar unha nova edición do Ribeira Weekend con probas de descenso en bicicleta, surf e bodyboard. Despois do éxito da primeira edición esperamos poder disfrutar de boas ondas e moito público de novo e pasar unha boa fin de semana no Barbanza. Seguiremos informando..
|
Ler máis...
|
Mércores, 22 Febreiro 2017 17:58 |

Excelentes resultados da Armada Galega no IV Open Surf & SUP La Yerbabueba ION que tivo unhas condicións espectaculares con ondas dun metro e vento perfecto. O waterman Guillermo Carrecedo foi o vencendor de paddle surf, Gony Zubizarreta subcampión en surf Open e Isabel Gundin subcampiona en chicas. Foto superior do Facebook de Gony.
|
Ler máis...
|
Mércores, 01 Febreiro 2017 12:49 |

Todavía estás a tempo de participar na Invernal de Laredo en Cantabria e competir polos 6.000€ en metálico dos premios na compaña de Gony Zubizarreta, vixente campión, Milo Castelo, Pablo Fernández, Ignacio Guisasola, Chema de Paz, Pablo Montero e Vicente Romero. O prazo de inscripción remata este xoves. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 9 de 67 |